Concello da Coruña

Concello da Coruña

Enerxía e cambio climático 2024-25

Programa de educación ambiental destinado a recoñecer os recursos enerxéticos e fomentar un aforro enerxético eficaz.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1.º a 4.º de ESO; 1.º e 2.º de BACH e FP

Obxecto:

  • Adaptar os nosos hábitos de consumo cara a un aforro enerxético eficaz.
  • Valorar as diferentes formas de produción de enerxía a partir dos recursos naturais e as súas consecuencias ambientais.
  • Distinguir entre enerxías renovables e non renovables.
  • Analizar a situación actual na Coruña dos recursos enerxéticos e a súa evolución.
  • Fomentar a implicación do alumnado para propiciar un cambio do modelo de desenvolvemento cara a outro máis solidario e respectuoso co medio ambiente.

A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón e petróleo) para o abastecemento das nosas necesidades. Con todo, as crises do petróleo, o progresivo esgotamento dos xacementos de carbón, as repercusións sobre o medio ambiente do seu uso etc. xeraron un desenvolvemento tecnolóxico e científico cara ás denominadas enerxías renovables que empezan a gañar presenza na sociedade (eólica, solar, hidroeléctrica...)

Construír un mundo máis sostible é a filosofía que o Concello da Coruña lles aplica ás súas instalacións enerxéticas. As súas dependencias municipais producen máis enerxía da que consomen. Isto conséguese coa posta en marcha de tecnoloxías que aproveitan para a produción eléctrica tanto o gas natural como o biogás procedente dos residuos urbanos. Novas tecnoloxías e novas aplicacións que se complementan cun esforzo aforrador e unha mellora dos rendementos dos equipos a través de diversas estratexias que inclúen a súa renovación continua e a súa automatización.

A concienciación da xente máis nova representa o noso futuro: é básica para sacar todo o rendemento ás actuacións a favor da eficiencia e o aforro enerxético. É necesario que comprendan as novas formas de produción de enerxía e o seu significado para a nosa cidade, que se mentalicen no aforro e na eficiencia enerxética.

ESTRUTURA

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo: proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. Para elixir entre:
    • "A enerxía que move a miña cidade". 1.º a 4.º de ESO.
    • "A Coruña contra o cambio climático". 1.º e 2.º de bacharelato; FP.
  • Actividades na aula: Duración: 60 minutos. Poderase elixir entre:
    • Xogo "Avanzando coas enerxías renovables". 1.º a 4.º de ESO.
    • "A miña proposta contra o cambio climático". 1.º e 2.º de bacharelato; FP.
  • Itinerario/visita guiada: Duración: 90 minutos. Planta de Coxeración de Bens e prototipo de vivenda eficiente (Casa de palla de SOMESO). 1.º a 4.º de ESO; 1.º e 2.º de bacharelato; FP.

Cando:

Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Ficha de solicitude

Contacto:

Tel.: 981 184 315

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Manual do profesorado
  • Manual do alumnado

Máis información:

Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2024-2025

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión