O clima é un caos no que distintas variables se retroalimentan. Da súa complexísima interacción xorden moitas incertezas e escasos elementos claros. O efecto invernadoiro e a tendencia ao quecemento poden definirse polo aumento do CO2, pero tamén se pode facer a través doutros elementos antagónicos; como a neve e o reflexo da luz solar sobre a súa superficie. Un exemplo deste caos é o que ocorre co ozono. A súa valiosa contribución na estratosfera convértese nun perigoso contaminante na troposfera, a máis influente nos procesos da vida terrestre. Pero, mesmo neste caos, aparecen algunhas variables diáfanas: as emisións de CO2 son as maiores contribuíntes ao cambio climático e as actividades humanas son as responsables do sobrequentamento actual.
Medio Ambiente
Complementaria
Estrutura
Como consecuencia da pandemia COVID son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa.
Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Tel.: 981 184 315
Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal
Programas relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible