Actividades na aula: obradoiro de investigación. Duración: 60 minutos.
Medio Ambiente
Complementaria
Contidos
Evidencias incontestables confirman que a Terra vive un momento de quecemento global. Dirixentes mundiais, científicos e activistas propoñen e loitan contra esta evolución que parece imparable. Con todo, algunhas luces parecen iluminar algo o camiño e facernos concibir certas esperanzas...
Desenvolvemento da actividade e metodoloxía
Na aula imos desenvolver un xogo de rol que nos permita lanzar unhas conclusións finais, unhas reflexións conxuntas sobre os nosos hábitos e un propósito de emenda. Ao concluír o xogo, que dividirá a aula en distintos actores que escenifican papeis diferentes no cambio climático, deberemos ter claro que imos facer en diante para cambiar e mellorar a nosa pegada ecolóxica sobre o Planeta e a súa perniciosa contribución ao aumento global da temperatura.
Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025
Ver condicións xerais do programa.
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Ver condicións xerais do programa.
Tel.: 981184315
Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal
Aula, proxectos, atrezo para os distintos roles de personaxes, cartolinas onde gravar os propósitos futuros etc.
Programas relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible