Esta é unha actividade lúdica, complementaria á formación en educación viaria.
A súa finalidade é achegar o alumnado ás nosas dependencias e ensinar o funcionamento da Sala de Control Semafórico na Estación de Autobuses, sede da Concellaría de Mobilidade Sostible.
Só da Coruña
Policía Local
Complementaria
De 09.00 a 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos.
Desde este departamento controlamos o tráfico a través de 41 cámaras situadas estratexicamente na cidade.
Ademais poderán ver o manexo dos paneis luminosos que informan aos condutores da situación das vías e de todo o que pode incidir no tráfico: obras, carreiras, eventos... e sobre todo, mostrar os elementos básicos de articulación na rede semafórica.
Dende o 21/10/2024 ata o 20/06/2025
Xestionarase en virtude da evolución da pandemia de coronavirus.
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Inscrición centros
Coordinador da actividade de Educación Viaria: Diego Someso Anguita
Policía Local - Concello da Coruña.
Tfno.: 981184200 Ext.: 88059
Enderezo de correo electrónico: ds.anguita@coruna.gal
Programas relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible