O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do concello.
Só da Coruña
Participación
Alumnado e profesorado de 5.º e 6.º dos CEIP da Coruña
Gratuíto.
O obxectivo último deste programa é a activación do CLIAC, un órgano representativo onde nenos e nenas de toda a cidade sexan os/as representantes da infancia e lle trasladen ao concello as necesidades, propostas e suxestións arredor das cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o traballo de cidadanía participativa.
Como pasos previos á constitución deste órgano, é preciso realizar un traballo previo co alumnado, tanto nas aulas como fóra. Este traballo estará liderado polo profesorado de 5.º e 6.º de EP, que se apoiarán nunha guía didáctica para o traballo na aula, compartirán co seu alumnado contidos e dinámicas sobre dereitos da infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenos e nenas comecen a valorar os procesos participativos e recoñezan a súa capacidade para formar parte do primeiro órgano representativo da infancia na cidade.
Con este pequeno grupo, formado por nenas e nenos de todos os centros participantes, realizaranse sesións formativas en horario extraescolar, preparándoas para a participación no CLIAC.
Na canle de YouTube do Servizo municipal de Educación están dispoñibles os vídeos deste programa.
Ata o 25/10/2024
Poderá participar na actividade o alumnado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña. Para presentar a súa candidatura (prazo límite ata o 25 de outubro de 2024) e poder formar parte do CLIAC, deberán contar coa autorización dos seus titores ou titores legais. É condición indispensable para a participación no proxecto a implicación dunha profesora ou profesor por grupo.
Dosier da actividade e guía para o traballo autónomo na aula para o profesorado.
Se queres coñecer máis sobre este proceso podes ver o seguinte vídeo.
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible