Programa de educación ambiental destinado a recoñecer os recursos enerxéticos e fomentar un aforro enerxético eficaz.
Só da Coruña
Medio Ambiente
Complementaria
Alumnado de 1.º a 4.º de ESO; 1.º e 2.º de BACH e FP
A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...
Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón e petróleo) para o abastecemento das nosas necesidades. Con todo, as crises do petróleo, o progresivo esgotamento dos xacementos de carbón, as repercusións sobre o medio ambiente do seu uso etc. xeraron un desenvolvemento tecnolóxico e científico cara ás denominadas enerxías renovables que empezan a gañar presenza na sociedade (eólica, solar, hidroeléctrica...)
Construír un mundo máis sostible é a filosofía que o Concello da Coruña lles aplica ás súas instalacións enerxéticas. As súas dependencias municipais producen máis enerxía da que consomen. Isto conséguese coa posta en marcha de tecnoloxías que aproveitan para a produción eléctrica tanto o gas natural como o biogás procedente dos residuos urbanos. Novas tecnoloxías e novas aplicacións que se complementan cun esforzo aforrador e unha mellora dos rendementos dos equipos a través de diversas estratexias que inclúen a súa renovación continua e a súa automatización.
A concienciación da xente máis nova representa o noso futuro: é básica para sacar todo o rendemento ás actuacións a favor da eficiencia e o aforro enerxético. É necesario que comprendan as novas formas de produción de enerxía e o seu significado para a nosa cidade, que se mentalicen no aforro e na eficiencia enerxética.
ESTRUTURA
O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:
Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Tel.: 981 184 315
Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal
Materiais de apoio:
Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2024-2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible