Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

  • Inicio
  • Área Metropolitana da Coruña

Área Metropolitana da Coruña (AMAC)

Portada proxecto AMCoruña

Actualmente a área urbana que se enmarca na Área Metropolitana da Coruña (AMAC), do mesmo xeito que noutras áreas urbanas europeas, ten que facer fronte a diferentes retos que abarcan desde os cambios demográficos ata as consecuencias do estancamento económico en termos de creación de emprego, pasando polo impacto do cambio climático.

A Estratexia Metropolitana da Coruña xorde como un instrumento para actuar sobre novos obxectivos, resolver os problemas existentes e ofrecer propostas alternativas para conseguir unha área urbana mellor, tomando como base o traballo desenvolvido xa polos distintos concellos que a conforman.

Temos unha estratexia compartida e un obxectivo común.

Estamos ante unha vía de construción da área partindo da construción real de estratexias, clima, consensos e accións de carácter metropolitano, conxuntas e compartidas, e baseadas na articulación das políticas públicas municipais.

Esta aposta pola AMAC faise coa garantía de que a participación permitirá definir liñas de actuación prioritarias para abordar os retos económicos, ambientais, climáticos, sociais e demográficos aos que ten que facer fronte unha área metropolitana que pretende iniciar a súa andaina como tal.

A identificación de respostas eficaces a estes retos será crucial para lograr a sociedade intelixente, sustentable e integradora prevista na Estratexia Europa 2020.

Colabora enviando as túas ideas e propostas de actuación para o teu concello e/ou a Área Metropolitana da Coruña (AMAC).

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión