Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
7 resultados
1 de febreiro de 2017
As Directrices de Ordenación do Territorio teñen como finalidade precisar a definición dun modelo territorial para Galicia, establecendo as pautas espaciais de asentamento das actividades. As súas propostas definen unha senda para seguir e perfilan un escenario de futuro, que baixo unha perspectiva de sustentabilidade, aspira a conseguir a cohesión social e territorial de Galicia, eliminando disparidades territoriais. Isto contribúe a conseguir unha maior eficiencia do sistema produtivo, así como a protección e posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico e a eficiencia ambiental en todos os procesos.
1 de xaneiro de 2017
O Plan de Ordenación do Litoral ten por obxecto establecer os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística da zona litoral baseada en criterios de perdurabilidade e sustentabilidade, así como a normativa necesaria para garantir a conservación, protección e posta en valor das zonas costeiras.
1 de decembro de 2016
O Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda (PITVI) 2012-2024 supera o tradicional enfoque da planificación cun novo rumbo. Céntrase en dar resposta ás necesidades efectivas de mobilidade e de acceso á vivenda da sociedade española. O PITVI proporciona a visión estratéxica no horizonte 2024, en sintonía coa liña europea trazada na Rede Transeuropea de Transporte. Desta maneira ambos os instrumentos, de alcance e horizontes temporais distintos, son coherentes e refórzanse mutuamente.
1 de novembro de 2016
Nas áreas metropolitanas pretende afrontar a conxestión con medidas orientadas ao aumento de capacidade das redes viarias e á diversificación de tráficos, ademais de actuacións de apoio que favorezan unha complementariedade entre o vehículo privado e o transporte público. Este plan pretende responder a unha concepción global da rede viaria galega, así como integrar a visión metropolitana. Así mesmo establece unha clasificación funcional da rede, á marxe da titularidade, de maneira que se poida entender como un sistema único. Foi impulsado inicialmente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia en 2009, e contempla un segundo horizonte temporal ata o ano 2020.
1 de outubro de 2016
Trátase dun plan que pretende definir unha rede de vías ciclistas de ámbito interurbano e metropolitano (Rede Básica de Vías Ciclistas de Galicia) e que, ao mesmo tempo, estimula mediante outras medidas o uso da bicicleta e a marcha a pé, xa sexa en solitario ou en combinación con transporte público colectivo, pero de maneira cómoda e segura, como medios de locomoción alternativos ao automóbil. Impulsado inicialmente no 2013 pola Dirección Xeral de Mobilidade (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).
1 de setembro de 2016
Este Plan de 2012 xorde polo gran peso dos desprazamentos de entrada ás cidades no ámbito metropolitano, por ser o vehículo privado o máis utilizado. Destes hábitos derívanse problemas cun grande impacto sobre o medio ambiente e a economía, así como unha diminución da calidade de vida da cidadanía: conxestión, dificultades de circulación, tempo perdido en busca de aparcadoiro etc.
Os citados aparcadoiros requiren a existencia dunha rede de transporte colectivo próxima ao lugar onde se deben implantar os aparcadoiros disuasorios. Este plan xurdiu para abordar esta problemática nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense. + INFORMACIÓN
1 de agosto de 2016
Desenvolvido en 2014 polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Xunta de Galicia), o PSOAEG establece as condicións xerais para o futuro desenvolvemento das actuacións de preparación de solo para actividades empresariais, definindo os criterios de deseño, características funcionais e localización, que garanta a accesibilidade e a súa inserción no territorio.
resultados 7
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible