Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Carta de apoio ao proxecto

A "Declaración de María Pita", asinada pola alcaldesa e alcaldes da Área Metropolitana da Coruña (AMAC) o 20 de outubro de 2016, sentou as bases para a creación por lei do Parlamento de Galicia dunha entidade metropolitana co peso político, institucional e capacidade financeira necesaria para exercer as súas funcións.

Se compartes o compromiso para tratar de impulsar a conformación da AMAC, tanto a nivel individual como en representación dun colectivo, podes mostrar o teu apoio cubrindo a carta de apoio e adhesión ao proxecto.

Formas de adhesión ao proxecto

  1. En liña (sen asinar): cubre a carta de apoio en formato pdf desde esta mesma páxina, descárgao e achégao como arquivo onde se indica, ao final deste pequeno formulario que recolle os teus datos. Neste caso a túa sinatura xa non será necesaria.
  2. En liña (con sinatura e/ou selo): descarga o arquivo, asínao, escanéao, e finalmente achégao como arquivo igualmente ao final deste pequeno formulario. Esta é a fórmula máis recomendable se o fas en nome dalgunha entidade ou colectivo. Se é así, lembra poñer o seu selo.
  3. Por correo postal ordinario: carta cuberta, asinada e remitida a: Concello da Coruña. Servizo de Alcaldía. Praza de María Pita, 1º. 15001 A Coruña

Apoios totais recibidos

O total de cartas de apoio recibidas desde o inicio deste proxecto ascende a 61, coa seguinte distribución:

  • A través de medios electrónicos (correo electrónico e web): 33, das cales 18 corresponderon a entidades e outras 15 a particulares.
  • Recollidas en formato papel durante os propios Encontros Metropolitanos e Mesas Temáticas (novembro e decembro de 2017): 28, das cales 3 representaron a entidades e outras 25 presentáronse con carácter particular.

Deste total, e atendendo á súa tipoloxía:

  • 21 fixérono en representación dunha entidade xurídica da área.
  • 40 foron asinadas por persoas físicas con interese no desenvolvemento do proxecto.

Apoio por parte de entidades

Listado entidades
ASPRONAGA. Fundación Tutelar. A Coruña Confederación Intersindical Galega (CIG). Secretaría Comarcal
AVV de Feáns "O Freixo". A Coruña Federación de AAVV da Coruña e Área Metropolitana
AVV "Inmaculada Concepción" de Meangos. Abegondo Federación Galega de Halterofilia
AVV "Os Nosos Lares". Palavea. A Coruña Mulleres Colleiteiras. A Coruña
AVV Castrillón-Urb. Soto-Iar. A Coruña ONCE. Delegación Territorial
AVV de Meangos. Abegondo STOP ACCIDENTES. Asoc. de axuda e orientación a afectados por accidentes de tráfico
Club de Vela Praia de Oza. A Coruña Unión de Cooperativas Espazocoop. A Coruña
Club Torre SD. A Coruña Unión Xeral de Traballadores (UXT). Agrupación local
Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña Universidade da Coruña
Comisións Obreiras (CCOO). Agrupación comarcal Vitoria C.F.
Confederación de Empresarios da Coruña

Con todo, e dado que esta carta de apoio non é anónima, pedímosche que nos facilites algúns datos básicos identificativos antes de achegala. Iso explica que algúns datos sexan obrigatorios. Identificaralos porque están sinalados cun asterisco (*).

Grazas polo teu apoio e colaboración!!!

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión