Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

InnovaCM

Premios Rede Innpulso 2010

Coruña, Cidade da Ciencia e a Innovación

A Unión Europea alenta os estados membros a propiciar o crecemento intelixente, sustentable e integrador, o que require unha estratexia exhaustiva de innovación europea, tal e como se estableceu no documento Unión pola innovación.

Nesa liña, a Comisión Europea solicitoulles ás autoridades nacionais e rexionais de toda Europa a preparación das súas respectivas estratexias de investigación e innovación para a especialización intelixente, que a nivel estatal concretouse na Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación 2013-2020 (EECTI) que constitúe o marco estratéxico para as políticas de I+D+i.

No ámbito local, o Concello da Coruña dispón dunha Axenda Dixital Local aliñada coas citadas formulacións, e unha distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación (creada polo Ministerio de Ciencia e Innovación) concedida no 2012 e que foi renovada no 2016.

No proceso de renovación da distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación para o 2019, por acordo do 21 de abril de 2016 da Mesa de Alcaldes e Alcaldesa da AMAC, o Concello da Coruña comprometeuse a promover e impulsar a redacción do "Libro branco da ciencia e a innovación da Coruña Metropolitana: Innova CM".

Dado que a Universidade da Coruña (UdC) estaba a desenvolver un Proxecto de Investigación sobre a Innovación nas súas diferentes vertentes, ambas as institucións decidiron unir esforzos na configuración dunha Estratexia Metropolitana de Innovación, para o que formalizaron un convenio de colaboración específico para desenvolver no 2018 para o desenvolvemento da análise do sistema metropolitano de innovación e definición da Estratexia Metropolitana de Innovación, InnovaCM, derivado do convenio marco establecido o 5 de decembro de 2017.

Con este convenio perséguese estudar o sistema local de innovación propio da área urbana da Coruña, e formular unha proposta participada e consensuada relacinada coa súa estratexia de desenvolvemento futuro.

MÁIS INFORMACIÓN:

Que che parece esta sección?

-105-105-105

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión