Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A área metropolitana da Coruña ten por diante grandes retos en relación coa utilización racional do territorio e dos seus recursos, co hábitat e coa mobilidade urbana sustentable.
Estes retos pasan por entendelos desde unha visión e ordenación supramunicipal do territorio e a preservación do medio ambiente de maneira conxunta, que converterá ao área metropolitana máis sustentable.
Posicionamento
Canalizar todos os plans nunha estratexia conxunta e coherente que asegure o equilibrio entre tránsito rodado, peonil e a sustentabilidade ambiental.
Rexerá o principio de autosuficiencia enerxética e de consumo responsable dos recursos naturais e enerxéticos, primando a rehabilitación e a rexeneración urbana.
Acordaranse estratexias comúns para o desenvolvemento dun documento de directrices de ordenación do territorio na área metropolitana.
Promover a participación directa da cidadanía na planificación e produción dos espazos a través do urbanismo participativo, reconquistando para o uso público espazos degradados ou privatizados a través de políticas públicas.
Obxectivos de acción mancomunada
Introducir, desde o plan urbano, conceptos como a conservación da memoria, o patrimonio cultural e ambiental da cidade, e o reforzo das canles para a mellora da vida das persoas.
Ligar o modelo do consumo ao modelo de mobilidade para favorecer o paseo peonil, o que garante a rexeneración do tecido residencial existente.
Equilibrar os estándares de dotación desde unha perspectiva de área metropolitana.
Dotar de coherencia aos instrumentos dos diferentes plans (clasificación, usos do chan...) nas zonas de encontro dos límites municipais.
Desenvolver ferramentas directas e representativas para a participación cidadá na xestión da súa cidade.
Plan de acción
Establecemento duns principios e criterios básicos de ordenación territorial para a conxunto da área metropolitana da Coruña que se definirán nos futuros PTI (Plans Territoriais Integrados ou outros instrumentos supramunicipais de ordenación territorial) e nas futuras directrices de ordenación do territorio.
Establecemento de actuacións coordinadas que faciliten a análise do territorio e a planificación territorial: coordinación de voos para restitucións cartográficas, restitución a escala metropolitana, ortofoto metropolitana etc.
Deseño dun Plan Metropolitano Integral (PTI) de transporte e mobilidade orientado a resolver os problemas da cidadanía, sustentable, respectuoso co medio e favorecedor do uso do transporte público.
Calendario proposto
Elaboración de principios e criterios básicos de ordenación territorial da área Metropolitana. Xuño 2017
Facilitar soporte para a consecución dos fitos sinalados no resto das mesas da Estratexia Metropolitana, de maneira que se fagan viables os contidos e obxectivos destas.
Plan de Infraestruturas e Equipamentos vinculados ao Plan Metropolitano de Mobilidade e Transporte. Novembro 2018
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible