Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Proxecto AMAC

O proxecto da estratexia metropolitana consiste basicamente na resolución da maior parte dos problemas da cidadanía que reside, traballa, goza do seu tempo de lecer etc., na nosa contorna territorial.

Trátase de resolver problemas de décadas: o transporte, a mobilidade, a xestión de residuos, a xestión da auga etc. Conseguir prestar máis e mellores servizos a un custo razoable e articular este territorio de forma integral, sistémica e sostible para que se converta nun vector fundamental na vertebración urbana de Galicia, son os obxectivos centrais deste proceso.

Por outra banda, o novo período de financiamento europeo 2014-2020 supón unha oportunidade para as administracións públicas e, por extensión para o conxunto da cidadanía, que é necesario xestionar de forma adecuada. Ábrense novas vías de financiamento, e as cidades e áreas urbanas poderán acceder a fondos para consolidar ou poñer en marcha iniciativas que apontoen o desenvolvemento dos seus territorios.

Neste contexto cobra especial relevancia o Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (DUSI), xa que se configura como un ámbito prioritario para a Comisión Europea pola súa capacidade para impulsar o avance dos territorios desde unha perspectiva sostible, equilibrada e holística.

As cidades e áreas urbanas configúranse neste novo período de programación estrutural como un destino prioritario das políticas da Unión Europea, que deben estruturar as súas estratexias en función dunha serie de obxectivos temáticos (OT) prioritarios do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Nun primeiro paso de posta en marcha deste proxecto, podes coñecer o documento Diagnóstico e estratexia metropolitana da área urbana da Coruña desenvolvido polas administracións implicadas.

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión