Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

  • Inicio
  • Declaración de María Pita

Declaración de María Pita

Declaración de María Pita

As primeiras conversas sobre unha posible colaboración institucional para acadar obxectivos comúns tiveron lugar nunha reunión de alcaldes o 21 de decembro de 2015.

A creación da Área Metropolitana da Coruña (AMAC) como tal, comezou a súa andaina nunha reunión de entidades locais da área o 7 de xaneiro de 2016, á que seguiron varias reunións posteriores máis, tanto de alcaldes e alcaldesa, como dos diferentes grupos e mesas de traballo temáticas. Finalmente esta Declaración de María Pita  foi asinada o 20 de outubro de 2016 polos alcaldes e a alcaldesa dos concellos da Coruña, Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.

As liñas comúns de traballo pasan pola recuperación ambiental e da biodiversidade da ría do Burgo, a coordinación de actuacións de políticas de desenvolvemento territorial baseadas en plans urbanísticos conxuntos, unha visión compartida da xestión de servizos, e unha estratexia de innovación conxunta.

Como manifestación institucional amosa o compromiso das distintas corporacións asinantes (e aquelas que queiran adherirse posteriormente) por impulsar a creación da AMAC mediante a aprobación no Consello da Xunta de Galicia dun anteproxecto de lei, para continuar posteriormente no Parlamento de Galicia cunha normativa específica, a Lei da área metropolitana, que partiría inicialmente dos concellos, mais que sumará tamén os partidos políticos, a Deputación e a Xunta.

A sinatura desta Declaración de María Pita foi aprobada nos correspondentes plenos dos concellos asinantes e, ademais, obtivo o apoio de entidades, organismos e de cidadáns e cidadás da comarca, o que demostra o interese que esperta.

Que che parece esta sección?

-105-105-105

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión