Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

  • Inicio
  • Documentos de referencia AMAC

Documentos de referencia

26 resultados

  • Texto que recolle en portada en contido do documento. Sen imaxe

    Fecha de publicación:

    20 de marzo de 2018

    A miña rexión, a miña Europa, o noso futuro: 7º informe sobre a cohesión económica, social e territorial

    O presente informe informa sobre como evolucionou a cohesión nas rexións da UE no pasado recente, e avalía o impacto que tiveron sobre ela as políticas nacionais, a política de cohesión e outras políticas da UE segundo o disposto no Tratado de Funcionamento da Unión Europea. Así mesmo, revisa as medidas que vinculan a eficacia dos Fondos EIE a unha boa gobernanza económica.

  • Imaxe da primeira páxina do documento da promoción da inclusión social.

    Fecha de publicación:

    14 de xaneiro de 2016

    A promoción da inclusión social a través dos fondos estruturais e de investimento da UE (período 2014-2020) Guía de orientacións e recomendacións prácticas

    Esta guía é unha ferramenta que facilita a posta en marcha de medidas de promoción da inclusión social e loita contra a pobreza no próximo período de programación financeira 2014-2020.

  • ABC da Innovación

    Fecha de publicación:

    17 de marzo de 2017

    ABC da Innovación. Guía para a incorporación da innovación na xestión urbana

    Documento elaborado no marco das actividades da Rede Impulso para servir de referencia aos municipios interesados en explorar as posibilidades de utilizar a innovación na mellora da xestión urbana. A motivación final de todo iso é aliñar a realidade municipal ás novas tendencias de impulso da innovación a escala local.

  • Acordo de Asociación de España 2014-2020

    Fecha de publicación:

    6 de febreiro de 2015

    Acordo de Asociación de España 2014-2020

    Os Acordos de Asociación son negociacións entre a Comisión Europea e as autoridades nacionais nos que se aplican plans estratéxicos con prioridades de investimento que abarcan os Fondos EIE (FEDER, FSE, FEADER e FEMP), e que constitúen a base da estratexia de desenvolvemento de España a medio e longo prazo. Considéranse un incentivo crave para impulsar o cambio cara a un modelo de crecemento máis intelixente, sustentable e integrador, así como para a creación de emprego, reducindo así as diferenzas rexionais en España.

  • Portada do libro

    Fecha de publicación:

    2 de xuño de 2017

    Avaliación do Programa Operativo de Crecemento Sustentable (POCS). Xuño 2017

    Esta Avaliación do POCS 2017, aínda que volve examinar o deseño inicial da estratexia do programa, céntrase fundamentalmente en aspectos operativos co fin de poder avaliar a eficacia, a eficiencia e os primeiros resultados das intervencións, así como outra serie de aspectos. A avaliación realízase aínda que a execución do programa é case nula debido á súa tardía aprobación, o dilatado proceso de designación de autoridades e organismos intermedios, e de posta en marcha dos sistemas de xestión e control.

  • Imaxe portada

    Fecha de publicación:

    31 de outubro de 2019

    Axenda Urbana para a UE. Pacto de Amsterdam

    O 30 de maio de 2016 realizouse en Amsterdam a Reunión informal de ministros da UE responsables de asuntos urbanos. A partir da sinatura deste Pacto púxose en funcionamento a "Axenda Urbana para a UE" que segue en marcha desde 2016 ata a actualidade, tras o apoio recibido en 2019 a través da Declaración de Bucarest. Como tal, a Declaración de Bucarest está destinada a servir de ponte entre o Pacto de Amsterdam e a Axenda Territorial da Unión Europea e a Carta de Leipzig, que se revisará durante a Presidencia alemá de 2020.

  • Fecha de publicación:

    5 de febreiro de 2015

    Carta de Leipzig sobre Cidades Europeas Sustentables

    Este documento recolle o consenso acadado a nivel europeo no tema de sustentabilidade urbana en maio de 2007 tras o Encontro informal de ministros sobre Desenvolvemento Urbano e Cohesión Territorial realizado en Leipzig.

    Inclúense recomendacións para que no futuro as cidades europeas sigan sendo espazos de progreso social, crecemento e innovación: a) facer un maior uso dos enfoques relacionados coa política integrada de desenvolvemento urbano e b) prestar especial atención aos barrios menos favorecidos dentro do contexto global da cidade.

  • Cidades do Mañá: Retos, visións e camiños para seguir

    Fecha de publicación:

    11 de febreiro de 2015

    Cidades do Mañá: retos, visións e camiños para seguir

    Cidades do Mañá representa un intento de reflexión colectiva por parte dunha serie de expertos urbanos para comprender mellor os retos aos que se enfrontan as distintas cidades europeas nos vindieros anos. O informe alerta sobre os futuros impactos do declive demográfico e a vulnerabilidade social de moitas cidades. Isto implica a necesidade de abordar os desafíos sociais, económicos e ambientais das cidades europeas tanto a nivel de barrio como a outros ámbitos máis amplos.

  • Fecha de publicación:

    6 de febreiro de 2015

    Declaración de Riga

    A firma da Declaración de Riga no 2015 supón o acordo sobre os principios e elementos esenciais da futura Axenda Urbana da UE, consolidando o entendemento común dos gobernos nacionais, a Comisión Europea e doutras institucións europeas sobre o tema. Esta declaración tamén recoñece a importancia das áreas urbanas pequenas e medianas, e o potencial existente que ofrecen en termos de desenvolvemento territorial e para a consecución dos obxectivos europeos.

  • Declaración de Toledo

    Fecha de publicación:

    5 de febreiro de 2015

    Declaración de Toledo

    Este documento aprobado o 22 de xuño de 2010 propón prioridades estratéxicas de intervención no desenvolvemento urbano desde o punto de vista ambiental, social, económico e da gobernanza cun enfoque integrado. Esta Declaración de Toledo compleméntase cun documento de referencia sobre a Rexeneración Urbana Integrada e o seu potencial estratéxico para un desenvolvemento urbano máis intelixente, sustentable e socialmente inclusivo en Europa, e ten tres partes fundamentais: A) Como afrontar os retos urbanos actuais e aplicar a Estratexia Europa 2020, B) Desenvolver o Marco Europeo de Referencia da Cidade Europea e C) Consolidar no futuro unha Axenda Urbana Europea.

resultados 26

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión