Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Mesa 2. Urbanismo

Coordinación urbanística (silueta)

Coordinación urbanística

A área metropolitana da Coruña ten por diante grandes retos en relación coa utilización racional do territorio e dos seus recursos, co hábitat e coa mobilidade urbana sustentable.

Estes retos pasan por entendelos desde unha visión e ordenación supramunicipal do territorio e a preservación do medio ambiente de maneira conxunta, que converterá ao área metropolitana máis sustentable.

Posicionamento

  • Canalizar todos os plans nunha estratexia conxunta e coherente que asegure o equilibrio entre tránsito rodado, peonil e a sustentabilidade ambiental.
  • Rexerá o principio de autosuficiencia enerxética e de consumo responsable dos recursos naturais e enerxéticos, primando a rehabilitación e a rexeneración urbana.
  • Acordaranse estratexias comúns para o desenvolvemento dun documento de directrices de ordenación do territorio na área metropolitana.
  • Promover a participación directa da cidadanía na planificación e produción dos espazos a través do urbanismo participativo, reconquistando para o uso público espazos degradados ou privatizados a través de políticas públicas.

Obxectivos de acción mancomunada

  • Introducir, desde o plan urbano, conceptos como a conservación da memoria, o patrimonio cultural e ambiental da cidade, e o reforzo das canles para a mellora da vida das persoas.
  • Ligar o modelo do consumo ao modelo de mobilidade para favorecer o paseo peonil, o que garante a rexeneración do tecido residencial existente.
  • Equilibrar os estándares de dotación desde unha perspectiva de área metropolitana.
  • Dotar de coherencia aos instrumentos dos diferentes plans (clasificación, usos do chan...) nas zonas de encontro dos límites municipais.
  • Desenvolver ferramentas directas e representativas para a participación cidadá na xestión da súa cidade.

Plan de acción

  • Establecemento duns principios e criterios básicos de ordenación territorial para a conxunto da área metropolitana da Coruña que se definirán nos futuros PTI (Plans Territoriais Integrados ou outros instrumentos supramunicipais de ordenación territorial) e nas futuras directrices de ordenación do territorio.
  • Establecemento de actuacións coordinadas que faciliten a análise do territorio e a planificación territorial: coordinación de voos para restitucións cartográficas, restitución a escala metropolitana, ortofoto metropolitana etc.
  • Deseño dun Plan Metropolitano Integral (PTI) de transporte e mobilidade orientado a resolver os problemas da cidadanía, sustentable, respectuoso co medio e favorecedor do uso do transporte público.

Calendario proposto

  • Elaboración de principios e criterios básicos de ordenación territorial da área Metropolitana. Xuño 2017
  • Facilitar soporte para a consecución dos fitos sinalados no resto das mesas da Estratexia Metropolitana, de maneira que se fagan viables os contidos e obxectivos destas.
  • Plan de Infraestruturas e Equipamentos vinculados ao Plan Metropolitano de Mobilidade e Transporte. Novembro 2018

Actas

Acta Mesa 2 Planeamento Urb (31-05-2016)

Acta Mesa 2 Planeamento Urb (20-09-2016)

Acta Mesa 2 Planeamento Urb (20-06-2017)

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión