Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O ciclo integral da auga constitúe o interese xeral da cidadanía da área metropolitana, sendo ademais a prestación dun servizo obrigatorio para todos os seus concellos.
Dentro deste ciclo destaca a subministración de auga potable, o sistema de saneamento e a posterior depuración de augas residuais.
Posicionamento:
Ponse de manifesto a necesidade de obter unha auga de calidade e devolvela ao medio tamén con calidade, desde a captación ata a súa depuración
A subministración de auga aos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada provén do encoro de Cecebre, e concas dos Ríos Mero e Barcés. Abegondo abastécese do seu propio encoro.
A auga trátase na súa maioría na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva e Cañás.
Desde a ETAP distribúese en "alta" a todos os concellos nun sistema de abastecemento interconectado e que é necesario dimensionar, estudar modelos hidráulicos e manter en depósitos de gran dimensión.
Mediante o acordo unánime do Consorcio, realizouse o Plan Estratéxico de Abastecemento da Coruña e todos os concellos subministrados desde Cecebre-ETAP da Telva.
Durante os últimos anos fóronse desenvolvendo investimentos estratéxicos co fin de executar o devandito plan, adecuándooo ás futuras demandas de cada concello nun horizonte de 50-75 anos.
Poñeranse a disposición de todos os integrantes a copia e os datos do desenvolvemento do Plan Estratéxico de Abastecemento e cantos estudos ou análises fosen necesarios.
Obxectivos de acción mancomunada
Estudar e analizar a execución do Plan Estratéxico de Abastecemento
Garantir a subministración de auga suficiente coa calidade requirida
Protección das masas de auga
Estudar e analizar o sistema de saneamento dos concellos. Regulación
Posición conxunta en investimentos e financiamento
Obxectivo Directiva Marco da Auga. Seguimento do traballo efectuado no seo da FEGAMP
Plan de Accións e Normas conxuntas en caso de emerxencias (secas e outros)
Contribuír á conectividade do encoro con outros espazos naturais da contorna e promover o turismo sostible nestes espazos
Conseguir vías de financiamento e investigación baseadas noutras experiencias nacionais e internacionais
Avanzar na xestión en común do servizo de abastecemento da auga.
Plan de acción
Deseño e posta en marcha de accións en tres liñas de actuación:
A) ABASTECEMENTO
Actualización do Plan Estratéxico. Análise das infraestruturas executadas e infraestruturas para realizar, e especial referencia ao ciclo integral da auga no ámbito rural
Mantemento e control de infraestruturas
Proxecto Meirama
B) CALIDADE DAS AUGAS
Establecemento dunha figura de protección e vixilancia
Promover accións conxuntas para garantir a calidade das augas, iniciadas con proxectos como "Life"
Accións coordinadas de participación, educación e comunicación ambiental sobre os valores naturais dos encoros, tanto para a comunidade educativa, poboación local, ou visitantes destes espazos
C) SANEAMENTO
Desenvolver unha estratexia común para garantir o correcto saneamento, paso previo á correcta depuración de augas e devolución ao medio
Estudo de necesidades, rede, tanques de tormenta...
Captación de fondos e proxectos europeos, autonómicos ou estatais
Calendario proposto
Actualización do Plan Estratéxico. Análise das infraestruturas executadas e infraestruturas para realizar, e especial referencia ao ciclo integral da auga no ámbito rural
Identificación e inventariado das infraestruturas de auga en alta
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible