Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de febrero de 2016

O grupo de Goberno levará a Pleno mocións nas que insta á Xunta a dotar de medios o xulgado de Violencia de Xénero e a Fomento a investir e modernizar a conexión ferroviaria con Ferrol

O equipo que conforma o Executivo local pedirá á Cámara municipal que solicite á Administración autonómica “que exerza as súas competencias, e outorgue ao xulgado específico de atención á muller de medios materiais e persoais necesarios para poder garantir o correcto desenvolvemento do mesmo, así como evitar atrasos na xestión de medidas provisionais”

O grupo de Goberno levará este xoves ao Pleno municipal dúas mocións nas que instará tanto á Xunta como ao Ministerio de Fomento e ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) a que doten dos medios precisos ao xulgado específico de Violencia sobre a Muller da Coruña, así como á conexión ferroviaria con Ferrol, respectivamente.

O grupo municipal que sustenta o Goberno local presentará mañá, día 11 de febreiro, unha moción a proposta da plataforma sindical Alternativas na Xustiza Galega-CUT na que solicita ao Pleno, como representante da cidadanía coruñesa, que asuma unha labor mediadora e inste á Xunta de Galicia a exercer “as súas competencias en materia de dotación dos medios materiais e persoais” que precisa o xulgado específico sobre Violencia de Xénero da cidade.

En concreto, a moción, indica que os xulgados específicos de atención á muller que existen en Galicia, radicados na Coruña e en Vigo, viven na actualidade unha situación próxima ao colapso, segundo denuncia parte do cadro de persoal dos mesmo, e recoñece o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O texto ques se levará a Pleno incide en que a situación do xulgado coruñés “resulta especialmente preocupante”. O xulgado, segundo o relato de representantes dos e das traballadoras, está de garda todos os días do ano salvo festivos e fins de semana e non posibilita as condicións para que o seu cadro de persoal poida facer efectivo o seu dereito a conciliar a vida laboral e familiar. “Esta situación require unha especial atención, dado o carácter de urxencia que impregna todas as tramitacións que competen a este xulgado”, apunta a moción. “A falta de medios cos que afrontar a necesaria eficacia do funcionamento deste departamento xudicial redunda na carga de traballo dos e das súas empregadas, que deben realizar tarefas que non lles corresponden”, apunta. Ademais, o Goberno local advirte de que “a falta de medios minora a eficacia do sistema de protección xurídica ante a violencia de xénero e impide o cumprimento de garantías efectivas na proteción dos dereitos das mulleres e dos menores afectados por este tipo de violencia”.

A proposta do Executivo municipal é que o Pleno inste á Xunta “a realizar as obras necesarias no xulgado específico de Violencia de Xénero, para garantir que mulleres e menores contan con espazos dignos e seguros”, e para evitar que familiares de vítimas e testemuñas non teñan que atoparse coas persoas ás que denunciaron. Tamén se demanda á Administración autonómica que tome as medidas oportunas para mellorar a situación do cadro de persoal, que se cree unha praza de persoal psicólogo neste xulgado e que se activen as medidas de reforzo necesarias “para reducir os atrasos rexistrados na tramitación de medidas provisionais”.

Por outro lado, o grupo de Goberno tamén presentará ante a Cámara outra moción na que amosa a súa disconformidade  coa redución de servizos que se vén producindo nos últimos anos na líña por ferrocarril que une A Coruña con Ferrol. Así, a intención dos e das concelleiras do Executivo é que a Corporación ao completo solicite a ADIF e ao Ministerio de Fomento “as melloras das infraestruturas asociadas” e do trazado tanto do ramal A Coruña-Betanzos Infesta como Betanzos Infesta Ferrol, facendo especial fincapé no enlace directo destes dous tramos, o que redundaría nunha mellora da velocidade do servizo e, por consecuencia, nos tempos de percorrido.

A moción solicita tamén pedir a Fomento e a ADIF a inversión necesaria para a electrificacións dos ramais que unen A Coruña e Ferrol, e á Xunta, que permita o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia, con todas as vantaxes que iso conleva ás persoas usuarias, nas viaxes entre concellos pertencentes ás diferentes áreas incluídas no Plan de Transporte Metropolitano. Por último, o grupo de Goberno insistirá, por medio da moción, na creación dun núcleo de transporte de cercanías que, no caso da conexión con Ferrol, “permita o dimensionamento adecuado tanto de servizos como de maquinaria”.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión