Concello da Coruña

Concello da Coruña

Unidade de Asesoramento ás Migracións - UAMI

Enderezo:

Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147. 15007 A Coruña

Teléfono:

981 184 364

Servizos:

Orientación, apoio e asesoramento xurídico, social e laboral á poboación migrante.

Asesoramento na tramitación de recursos, autorizacións de residencia e traballo, renovacións, reagrupación familiar, réxime comunitario, visados etc.

Apoio á poboación menor e adolescente migrante a nivel curricular, lingüístico e social, así como ás súas persoas familiares.

Orientación laboral sobre os recursos formativos e laborais da cidade e formación específica ou pre-laboral para persoas desempregadas orientada á inserción laboral.

Información e asesoramento xurídico; que contempla as intervencións destinadas a dar resposta a cuestións formuladas pola poboación migrante, relacionadas fundamentalmente con: residencia, nacionalidade, prestacións, visados, réxime matrimonial etc

Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación."

Horario:

Horarios de atención ao público

Inverno

De setembro a xuño: luns a venres das 08.30 ás 14.00 h

Verán

Xullo e agosto: luns a venres das 08.30 ás 13.00 h

Semana grande (primeira completa despois do primeiro domingo do mes de agosto):

Luns a venres das 08.30 ás 12.00 h

Titularidade: Área Municipal de Igualdade e Diversidade

    • Coa colaboración de:

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión