O Concello da Coruña, como entidade local prestadora de servizos sociais, é titular dunha Rede Municipal de Acollida como parte da Rede Galega de Acollementos ás Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero.
A rede municipal inclúe dous tipos de servizos especializados:
1 Casa de Acollida ás Mulleres vítimas de violencia de xénero (CAM), con capacidade para acoller a 19 persoas simultaneamente -mulleres e fillas/os en situación de violencia de xénero-. Desde a CAM realízase un primeiro nivel de intervención de emerxencia, con servizos de atención durante os 365 días ao ano, en réxime de aloxamento e manutención.
2 Pisos de Transición á Vida Autónoma (PITVA), con capacidade para ter 11 persoas simultaneamente -mulleres e fillas/os-. Os PITVA representan xa un segundo nivel de intervención. Nos PITVA as mulleres son responsables xa da xestión da vida cotiá, como parte do proceso de transición a unha vida autónoma; polo tanto, aínda que tamén en réxime de aloxamento completo, xa non se require o servizo continuo de atención persoal directo, senon apoio aos procesos de empoderamento persoal das mulleres e fillas/os.
A información sobre acceso e condicións realízase a través do CIM
21 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible