Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de junio de 2024

Inés Rey: “A Coruña é unha cidade aberta, diversa, tolerante e inclusiva e mañá amosarémolo enchendo as rúas coas bandeiras LGTBI”

A alcaldesa ofreceulles unha recepción oficial ás entidades LGTBI da cidade previa á conmemoración do Día Internacional do Orgullo

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ofreceulles unha recepción oficial esta tarde ás entidades LGTBI da cidade, previa á conmemoración do Día Internacional do Orgullo, como mostra de apoio e agradecemento ao labor desenvolto polas diferentes asociacións. "Hoxe abrimos por primeira vez este salón de sesións para recibir os diferentes colectivos que traballades polos dereitos das persoas LGTBI+ na cidade, unha demanda que reivindicabades e que hoxe facemos realidade" explicou a alcaldesa.

A alcaldesa destacou a ampla programación do Orgullo Coruñés, con faladoiros, música e actividades para todos os públicos. Destacou a manifestación convocada por Alas Coruña, e chamou á sociedade coruñesa a sumarse: "A Coruña é unha cidade aberta, diversa, tolerante e inclusiva e mañá amosarémolo enchendo as rúas coas bandeiras LGTBI". Ademais, puxo en valor as diferentes accións en materia LGTBI postas en marcha dende 2019, como a reapertura do Espazo Diverso así como a visibilización do colectivo a través do mobiliario e espazo urbanos, co pintado do paso de peóns de Durán Loriga e a creación do Paseo da Diversidade nos Xardíns de Méndez Núñez.

Na recepción participaron representantes de ALAS A Coruña, Les Coruña (Carola), CASCO, Fundación 26 de diciembre, ORCO e CORUFEST, xunto coas concelleiras de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa e Mobilidade e Infraestruturas, Noemí Díaz.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión