QUE SON?
Son lugares nos que se lles proporciona aos e ás menores acollemento e desenvolvemento de actividades de carácter lúdico-educativas, na liña da educación non formal, presentando a actividade lúdica como un recurso educativo, de socialización e creativo no seu tempo de lecer.
O servizo ofrece un conxunto organizado e integrado de actividades que contribúen á conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
As actividades organízanse en varios bloques: xogo libre; xogo dirixido (talleres e actividades de animación sociocultural); apoio ao estudo (tarefas escolares, aprendizaxe de técnicas de estudo etc.)
Todas as actividades desenvolvidas promoverán a educación para a igualdade ben con carácter específico ou ben de modo transversal.
Unidades familiares con necesidades de conciliación e que teñan menores entre os 4 e 12 anos ou que estean a cursar 4.º de educación infantil.
Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación
LOCALIZACIÓN E HORARIOS
Localízanse nos centros cívicos de:
ESPAZOS | PERÍODO LECTIVO | PERÍODOS NON LECTIVOS |
Centro Cívico Labañou | 15:00 a 20:30 h | 8:00 a 15:00 h |
Centro Cívico Castrillón | 16:00 a 20:30 h | 16:00 a 20:30 h |
Centro Cívico Os Mallos | 16:00 a 20:30 h | 9:00 a 15:00 h e de 16:00 a 20:30 h |
Centro Cívico Palavea | 16:00 a 20:30 h | 8:30 a 14:00 h |
Centro Cívico Monte Alto | * | 8:00 a 15:00 h |
Centro Cívico Mesoiro * | * | 8:00 a 15:00 h |
*En períodos lectivos, funcionan como ludotecas coeducativas.
O teléfono de contacto do Servizo de Canguros municipal é: 673 132 372. O horario de atención é das 8.00 ás 14.00 horas de luns a venres, salvo festivos.
Nota: para os efectos da aplicación dos horarios, consideraranse períodos lectivos e non lectivos os que estableza a Xunta de Galicia no calendario escolar de cada curso para o nivel de educación infantil e primaria na respectiva orde da Consellería responsable de Educación da Xunta de Galicia. Consideraranse períodos non lectivos os das vacacións de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán do calendario escolar. Tamén se consideran días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas pola mesma consellería.
HORAS DE USO
Período lectivo:
Con carácter xeral, cada menor fará uso dos diferentes Espazos de Atención á Infancia ata un máximo de 40 horas totais ao mes, coa finalidade pedagóxica de fomentar, na medida do posible, un tempo compartido entre as persoas responsables do/da menor e os seus fillos/as. En todo caso, as circunstancias persoais e familiares das distintas unidades familiares serán valoradas polo equipo do Servizo Municipal de Canguraxe.
Período non lectivo:
Non existe un número máximo de horas.
RESERVA DE PRAZA
PERÍODO LECTIVO:
PERÍODO NON LECTIVO:
ASIGNACIÓN DE PRAZA
PERÍODO LECTIVO:
PERÍODO NON LECTIVO:
Entidades
Prestacións relacionadas
21 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible