Concello da Coruña

Concello da Coruña

SIGU

Subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de Igualdade e Diversidade

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Sociedade e benestar

Vixente:

Si

A finalidade das subvencións é apoiar economicamente as entidades da cidade na promoción da igualdade de xénero e inclusión social atendendo ás diversidades existentes e a prevención das violencias machistas, de acordo a criterios obxectivos que ponderen a relevancia e coherencia.

Establécense dúas liñas subvencionables dentro da presente convocatoria.

Liña 1: Fortalecemento do movemento asociativo no ámbito da acción polos dereitos das mulleres e a non discriminación de colectivos minorizados por cuestión de orixe; diversidade cultural ou étnica; diversidade de capacidades; diversidade de expresións de xénero, identidades ou orientacións sexuais etc. O obxecto desta liña é o de apoiar economicamente os gastos de funcionamento precisos para contribuír á dinamización asociativa e ao fortalecemento colectivo do movemento asociativo activo pola igualdade e a diversidade no concello da Coruña.

Liña 2: Actividades de prevención das violencias machistas en sentido amplo e atención ás vítimas, accións pola defensa do recoñecemento e os dereitos das persoas LGTBQI e accións de promoción da igualdade de xénero.

O obxecto desta liña é apoiar a posta en marcha, desenvolvemento e/ou consolidación de proxectos ou actividades en tres ámbitos diferenciados pero que, en todo caso, poden estar relacionados entre si:

  • As conducentes a avanzar cara a unha cidade libre de violencias machistas en sentido amplo.
  • Aquelas iniciativas facilitadoras da inclusión da diversidade afectivo-sexual, prestando unha especial atención ás interseccións destas realidades coa diversidade funcional, sensorial, cognitiva e/ou capacidades; á diversidade de crenzas ou relixións; á diversidade de orixe, cultural e/ou étnica etc.

** NOTA IMPORTANTE: Poderase solicitar subvención para unha ou varias liñas e/ou programas subvencionables, que deberán ser obxecto de solicitudes independentes. No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, programa ou actividade, a entidade solicitante deberá presentar con cada solicitude todos os anexos e documentos relacionados nas bases para cada unha delas, de forma independente.

Non poderán optar á liña 1 aquelas entidades que perciban unha axuda directa por parte do Concello da Coruña, no mesmo exercicio ao cal corresponde esta convocatoria, que teña como finalidade o financiamento dos gastos para o mantemento da entidade incluídos na letra A) da base 7.1.1.

Subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de Igualdade e Diversidade para o exercicio 2020

Inscricións:

Dende o 07/08/2020 ata o 07/09/2020

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas, xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado os requisitos da persoa beneficiaria deberán ser cumpridos por todos e cada un dos socios ou socias, independente da súa porcentaxe na sociedade.

Requisitos:

Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do artigo 13 de Lei Xeral de Subvencións así como os da Base 8 da convocatoria.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

  • As propostas de resolución provisional e definitiva non crean dereito algún a favor da beneficiaria proposta fronte á Administración, mentres non se lle notificou a resolución da concesión.
  • Dadas as características dos destinatarios das subvencións, a contía, así como a natureza das iniciativas obxecto de subvención, poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, todo iso acorde coa Base 20 da convocatoria.

Presentación

Prazo de presentación:

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (do 07 de agosto ao 07 de setembro de 2020)

PRAZO FINALIZADO.

Documentación necesaria:

  • Solicitude: Solicitude específica (Anexo S.0), asinada pola persoa interesada, a titular da Presidencia e/ou representante da entidade ou agrupación solicitante, na que figuran as seguintes declaracións responsables:
    • Non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición a que se refire o artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.
    • Do compromiso de que todo o persoal dedicado á realización das actividade ou proxecto solicitada que impliquen contacto habitual con menores cumpre co requisito previsto no artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro de Protección Xurídica do menor e no artigo 8.4 da Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado.
    • Do compromiso para manter na xustificación a porcentaxe de cofinanciación da solicitude.
    • Non ser sancionada en firme en vía administrativa, laboral ou penal por vulneración do dereito á igualdade e á non discriminación por razón de sexo.
    • Que os fins ou obxectivos da solicitante, sistema de admisión ou acceso, funcionamento, traxectoria, actuación, organización ou estatutos non son contrarios ao principio de igualdade entre mulleres e homes na diversidade.
    • Que a entidade solicitante cumpre as obrigacións establecidas na Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
  • Estatutos: Estatutos vixentes polos que se rexe a entidade solicitante (fotocopia compulsada).
  • Estatutos outras entidades: Estatutos das entidades que participen en rede na execución do proxecto/actividade/actuación para a que se solicita a subvención.
  • Certificados cargos representativos: Certificación acreditativa dos cargos representativos, finalidade e do domicilio social da entidade, mediante o enchemento do modelo (Anexo S.5)
  • Código de identificación fiscal: Código de identificación fiscal (CIF) da entidade (fotocopia compulsada) ou número de identificación fiscal (NIF) das persoas físicas que integren a agrupación solicitante (fotocopia compulsada).
  • Fotocopia DNI/NIF representante: Fotocopia compulsada do DNI/NIF do representante legal da entidade.
  • Certificación datos bancarios: Certificación dos datos bancarios da solicitante, con correspondencia exacta cos datos achegados pola interesada no que respecta ao nome ou denominación social, CIF ou NIF e o número de conta bancaria (en formato IBAN).
  • Declaración documentación entregada previamente no Concello da Coruña: Declaración, no caso de que proceda, de que a documentación xenérica relativa á entidade, xa consta no Concello da Coruña, e non sufriu modificación ou transcorreu o prazo da súa validez (5 anos desde a finalización do procedemento ao que corresponda), segundo modelo Anexo S.6.
  • Memoria actividades: Memoria de actividades realizadas con anterioridade, mediante o enchemento do Anexo S.7.
  • Memoria activiades e proxectos: Memoria explicativa de cada unha das actividades ou proxectos solicitados, coas especificacións que se detallan no modelo do Anexo S.1. A memoria debe seguir o formato do Anexo S.1. Non será valorada a documentación complementaria.
  • Orzamento de ingresos e gastos: Orzamento de ingresos e gastos das actividades ou proxectos, ou actuacións solicitadas, con expresión do financiamento previsto e ao nivel de detalle que permita identificar e comprobar que todos os conceptos de gasto son subvencionables, (Anexo S.2). Incluirá declaración responsable para a valoración do nivel de achega propio (financiamento) da entidade, de acordo co indicado na Base 5 da presente convocatoria.
  • Certificado concorrencia subvenciones: Certificación das subvencións solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade ou proxecto, ou actuación, obxecto da solicitude de subvención, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, (Anexo S.3).
  • Declaración contratación persoal vinculado: Declaración sobre a previsión de contratación para a execución da actividade ou proxecto, ou actuación solicitada, de persoas ou entidades vinculadas coa entidade solicitante, segundo o establecido na Base 7.2. anterior (Anexo S.4).
  • Documentacion adicional: Calquera outra documentación que a entidade ou agrupación solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude ou para maior detalle da descrición da actividade ou proxecto, ou actuación solicitada, mediante a presentación dunha memoria complementaria a efectos de ampliar a información requirida no Anexo S.1 e cunha extensión que non poderá exceder de 6 folios.

Documentos relacionados

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude específico e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

De forma presencial, mediante CITA PREVIA nas Oficinas de rexistro municipais, onde estará dispoñible o formulario de solicitude que tamén poderá descargalo desde esta páxina.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Internet

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e notificación/publicación da concesión das subvencións é de seis meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo.
  • Calquera outro que se estime procedente.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión