QUE É A ESCOLA INTERCULTURAL?
O proxecto "Escola Intercultural" enmárcase dentro dos programas que leva a cabo a Unidade de Asesoramento ás Migracións (UAMI) como parte das actuacións e actividades dirixidas á poboación migrante da cidade. O obxectivo da Escola é promover o desenvolvemento de actividades de dinamización socioeducativa e adquisición de competencias sociais, culturais e lingüísticas, de desenvolvemento emocional, educativas de relación interpersoal e social, destinadas á poboación migrante da Coruña.
A QUEN VAI DIRIXIDA?
Á poboación migrante, (menores/adolescentes e familias) así como á comunidade educativa onde acoden os menores, sociedade de acollida en xeral e entidades sociais que traballan coa poboación migrante.
EN QUE CONSISTE?
En favorecer a integración da poboación migrante na contorna comunitaria, desde tres eixes ou ámbitos fundamentais e estreitamente relacionados: escolar, familiar e comunitario:
-Escolar: (educación infantil, primaria, ESO). Mellorar as competencias no ámbito da educación formal, contribuíndo á prevención do abandono temperán da escolaridad obrigatoria. Traballaranse as aulas con material personalizado segundo o nivel curricular de cada alumna/o, a través de actividades lúdicas (deportivas, artísticas e xogos), venres alternativos, excursión fin de curso etc.
-Familiar: mellorar as competencias de quen forma parte da unidade familiar, en aspectos básicos que favorezan a convivencia e faciliten a inclusión no medio. Traballarase a comunicación, o desenvolvemento emocional, a educación, os coidados etc. A través de talleres familiares, actividades lúdicas de lecer en familia.
-Comunitaria: promovendo a participación sociocultural, o intercambio cultural e a creación de redes de apoio reforzando os lazos sociais na súa contorna próxima. Traballarase a través da realización de obradoiros con outras entidades da cidade, talleres de intercambio cultural.
TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
A Escola desenvolve as súas actividades ao longo de todo o ano. Distinguindo entre o período escolar lectivo, desenvolvendo as actividades en horario de tardes e os denominados "venres alternativos" e o non lectivo/vacacional (Nadal, Entroido, Semana Santa, verán) con actividades en horario de mañá e Escola de Verán.
ONDE SE DESENVOLVE?
Rúa Sagrada Familia, 26-4º andar. Local para o desenvolvemento das accións e actividades obxecto da Escola Intercultural e espazo de referencia para a poboación migrante da cidade.
FORMAS DE ACCESO
Acceso ás actividades do ámbito escolar: farase sempre a través dos centros educativos da cidade utilizando os protocolos onde se reflectirá a información necesaria (competencias lingüísticas, nivel curricular, características culturais e familiares etc)
Acceso ás actividades do ámbito comunitario e familiar. A derivación farase desde os servizos públicos (centros educativos, centros cívicos) e entidades da cidade que realicen unha intervención técnico profesional co/coa menor e/ou familia.
21 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible