7 de abril de 2022
O novo programa, que xunta ciencia e cinema, incorporouse á carteleira do Planetario coruñés desde o 8 de abril.
O Planetario da Casa das Ciencias incorporou un novo programa á súa carteleira, Dinosaurios: una historia de supervivencia, un audiovisual que achega a historia natural ao público familiar (maiores de 6 anos) e que se poderá ver a partir do venres 8 de abril na sesión das 18.00 horas.
Esta produción cinematográfica combina a animación tradicional co 3D fotorrealista nunha viaxe apaixonante e divertida conducida por Celeste, unha nena curiosa e inquieta que nos convida a descubrir grandes misterios da ciencia.
Como a case todos os nenos e nenas, a Celeste fascínana os dinosauros. Está a prepararse para falar na clase sobre a súa extinción cando Moon, un máxico personaxe repleto de sabedoría, lle expón unha dúbida: E se che dixese que aínda quedan dinosauros entre nós? Celeste acompañará a Moon nunha viaxe no tempo. Unha apaixonante aventura que os levará a visitar a Terra nun pasado moi, moi, remoto. Verán fascinantes transformacións que acompañaron a estes seres durante millóns de anos creando criaturas xigantes, seres acoirazados e super depredadores, ata o día no que o grande impacto provocou unha extinción masiva na Terra. Pero non todo está perdido. Celeste descubrirá a clave da súa supervivencia.
Dinosauros: unha historia de supervivencia é unha produción de Render Area, coa participación do estudio de animación Monigotes Estudio 2.0, cunha ampla experiencia en longametraxes de animación.
Conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e a participación dos principais planetarios a nivel nacional, incluído o da Casa das Ciencias da Coruña.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible