4 de outubro de 2024
Xa se pode visitar na planta baixa do museo a nova instalación, na que cada día nacerán algo menos dunha decena de crías de galiña
A Casa das Ciencias renova un dos seus módulos estrela, a incubadora de pitiños, para facela máis espazosa e accesible aos visitantes. A nova instalación está especialmente adaptada para facilitar que os nenos e nenas de menor idade poidan contemplar o proceso do nacemento de crías de galiña, a través dun gran vidro situado a pouca altura. O novo deseño tamén mellora as condicións de temperatura, humidade e hixiene que precisan os animais.
A incubadora de pitiños formou parte da Casa das Ciencias na exposición temporal «Amarelo por natureza» de 1997, mais a partir de entón decidiuse manter de forma permanente debido ao seu interese didáctico e as peticións do público. A incubación de pitiños require de 21 días a unha humidade e temperatura concretas para que a cría se desenvolva por completo e logre rachar a casca do ovo. Tras un breve descanso, os pitiños comezan a camiñar e son capaces de alimentarse e beber de maneira completamente autónoma. Os pitiños que nacen na Casa das Ciencias repártense entre granxas locais da provincia da Coruña a través dunha empresa de educación ambiental.
28 de xaneiro de 2025
Unha exposición fotográfica que convida a reflexionar sobre a crise climática e ambiental
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible