23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
O Parque de Santa Margarida converterase un ano máis no epicentro de centos de actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física ao alcance de todos os públicos e da man de preto dun milleiro de escolares e profesorado de 54 centros educativos da Coruña, Betanzos, Cambre, Carral, Arteixo, Cerceda, Culleredo, Coristanco, Oleiros, Ordes, Pontedeume, Outes, Arzúa, Ribadeo, Miño, Ortigueira, As Pontes, Baio, Ribeira e Poio.
Un hotel de insectos, experiencias sobre hidróxeno verde, lentes de realidade virtual para ver o interior do corpo humano, un túnel do vento, a construción dun periscopio, un obradoiro de panadería, un código Morse con Arduino, un proxecto de simulación da ecolocalización dos morcegos, filtros naturais para a auga ou un piano electrónico onde as teclas son froitas son algunhas das propostas que traerán desde as súas aulas para convidar o público a gozar e aprender neste Día da Ciencia na Rúa.
Xunto a eles, persoal da investigación e divulgación presentarán un diverso programa de actividades para toda a cidadanía nos postos da Cátedra Emalcsa-UDC, a Facultade de Ciencias da UDC, a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), o Centro de Investigación en TIC (CITIC), o Centro Oceanográfico da Coruña, o Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña (INIBIC), a Fundación IMQ San Rafael, o Servizo Municipal de Educación da Coruña, a asociación Luzada da USC ou a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.
Tamén haberá numerosas actividades paralelas na contorna do edificio da Casa das Ciencias ofrecidas pola Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Bricolabs, Incude (Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias), UDCiencia d+i, ademais dun concerto da Banda Municipal da Coruña ás 12.00 horas e un espectáculo de monólogos científicos da man da Ciencia Calidade partir das 17.30 horas.
Xornada de portas abertas nos Museos Científicos
Os Museos Científicos Coruñeses programan este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, en horario de 10.00 a 19.00 horas (último acceso ás 18.00 horas no Aquarium, ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus).
Para visitar oA quarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón.
Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.
A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.
As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de 2 invitacións por persoa. Haberá estas sesións:
Organizado por Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra EMALCSA-UDC.
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible