17 de febreiro de 2022
Todas as sesións de Planetario do 19 ao 27 de febreiro dedicarán uns minutos para falar sobre a estrela Rosalía.
Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, a Casa das Ciencias dedicará uns minutos en todas as súas sesións de Planetario, do 19 ao 27 de febreiro, a ensinar a situar no ceo a estrela que leva o nome da escritora galega.
Para culminar esta semana dedicada a Rosalía de Castro e a estrela que leva o seu nome, programouse unha observación astronómica na terraza exterior do Aquarium Finisterrae para recoñecer as estrelas e constelacións máis típicas desta época do ano, coa colaboración da Agrupación Astronómica Ío. Será o venres 25 de febreiro se as condicións meteorolóxicas o permiten, polo que se confirmará a súa realización nos próximos días.
Ademais, repartirase entre o público asistente ás sesións de Planetario un planisferio dos dous hemisferios, norte e sur, coas constelacións en galego, editado pola Agrupación Astronómica Ío.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible