Concello da Coruña

Concello da Coruña

AEIM

Admisión nas Escolas Infantís Municipais

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Educación

Vixente:

Si

Mediante este trámite presentaranse as solicitudes de inscrición nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2024-2025 (BOP Nº 61 - Martes, 26 de marzo de 2024) e convocatorias extraordinarias adicionais

Admisión nas Escolas Infantís Municipais

Inscricións:

Dende o 04/07/2024 ata o 10/07/2024

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Unidades familiares con fillas ou fillos en idade de se inscribir nas Escolas Infantís Municipais por primeira vez.

Presentación

Documentación necesaria:

DOCUMENTACIÓN XERAL

  • Solicitude xeral: solicitude
  • Preinscrición en liña: xustificante de preinscrición en liña, asinado polas dúas persoas proxenitoras (dispoñible nesta ligazón)
  • DNI: copia do DNI das persoas proxenitoras
  • Libro de familia: Libro de familia ou documento que o substitúa
  • Certificado médico, en caso de non nacer o/a menor para quen se solicita a praza, indicando a posible data prevista para o seu nacemento. Nestes casos a condición de nado/nada deberá acreditarse no momento de realizar a matrícula na escola asignada.
  • Separación ou divorcio: sentenza ou documentación acreditativa conforme o/a menor está a cargo da persoa solicitante ou ben goza de custodia compartida.
  • Menores empadroados/as fóra do concello da Coruña: presentarase o certificado de padrón onde se acredite que o/a menor reside con algunha das súas persoas proxenitoras.
  • Residentes doutros concellos que traballen no concello da Coruña, deben acreditar un certificado de empresa no que conste que a persoa traballa nun centro con domicilio na Coruña.

PREFERENTE

  • Fillas/os do persoal empregado da escola: certificado do centro educativo
  • Irmás ou irmáns de alumnas/os xa matriculadas/os para o curso 2024-2025: certificado da escola que o acredite
  • Para menores que se atopen nun contexto sociofamiliar de risco social e requiran unha intervención inmediata: informe técnico do sistema de servizos sociais
  • Para menores tutelados/as ou en situación de garda por parte da Administración autonómica: resolución administrativa da situación de garda/tutela expedido polo órgano competente da Administración autonómica.
  • Para fillos e fillas de mulleres que estean en centros de acollida ou sexan vítimas de violencia de xénero: a documentación acreditativa de unidades familiares vítimas de violencia de xénero, segundo o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

BAREMACIÓN

  • Familias monoparentais: certificado ou informe expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
  • Discapacidade: certificado expedido por órgano competente, se é o caso, do grao de discapacidade do/da menor ou de calquera das persoas proxenitoras que formen parte da unidade familiar
  • Necesidades educativas especiais: en caso de alumnado con necesidades educativas especiais, acreditación de tal circunstancia
  • Situación laboral: documentación xustificativa da situación laboral das persoas proxenitoras ou titoras mediante informe de vida laboral actualizado. En caso de traballadores/as por conta propia, recibo de pagamento da cota á Seguridade Social, ou da mutualidade do mes anterior ao período de solicitude.
  • Imposiblidade de atención: xustificación acreditativa da imposibilidade das persoas proxenitoras para atender o neno ou nena
  • Titulo de familia numerosa: título acreditativo da condición de familia numerosa expedido pola consellaría competente da Administración autonómica

Documentos relacionados

  • Bop 127 - 3 xullo 2024 (111 KB)
  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)
  • Resultado do sorteo (536 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso xeral de solicitude e demais documentación que proceda segundo o disposto no apartado de Documentación necesaria e, en todo caso, deberá achegar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral, mediante cita previa que poderá solicitar na ligazón. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos recollidos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez que se cubra a solicitude telemática, debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo está especificado no apartado "Documentación necesaria" e entre os que deberá figurar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo o caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos as e os notarios e as e os rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

TRAMITAR

Teléfono

Despois

E despois?:

CALENDARIO PARA O PROCESO DE ADMISIÓN NA REIM. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO PARA O CURSO 2024-2025

Publicación das prazas vacantes 3 DE XULLO
Prazo de solicitude de novos ingresos DO 4 A 10 DE XULLO
Publicación das listas provisionais 12 DE XULLO
Prazo de reclamacións/alegacións DO 15 AO 17 DE XULLO
Publicación das listas definitivas 22 DE XULLO
Matrícula 29-30-31 DE XULLO

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión