Contará con dúas sesións, o sábado 16 e o domingo 17 de marzo ás 20.00 h, no que intervirán poetas internacionais e galegos, estes últimos coordinados por Yolanda Castaño.
Para público en xeral
Dende o 16/03/2024 ata o 17/03/2024
Xa rematou
Dende o 11/03/2024
PRAZAS ESGOTADAS
Ás 20.00 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
2,06 euros
A Casa das Ciencias acolle a fin de semana do 16 e 17 de marzo o festival de poesía e planetarios do proxecto europeo «Urban Travel Machines» («Máquinas de Viaxar Urbanas») no que intervirán poetas internacionais e galegos, que irán acompañados de imaxes proxectadas a toda cúpula desenvolvidas especialmente para cada poema.
O sábado 16 recitarán a poeta belga Julie Lombe, o poeta lituano Marius Povilas e as poetas galegas Alba Cid, Yolanda Castaño e Silvia Penas. O domingo 17 será a quenda do poeta grego Artemios Moulos, o surafricano Motswitla Hlakotsa, e as galegas Estíbaliz Espinosa, Dores Tembrás e Antón Lopo. Ambas as sesións terán lugar ás 20.00 h e estarán pechadas polo coordinador deste proxecto europeo, Philip Meersman, cunha interpretación poética interactiva co público.
As entradas para asistir sairán á venda o luns 11 de marzo ás 10.00 h nesta ligazón.
A coordinación dos e das poetas internacionais e do desenvolvemento das imaxes que os acompañan correu a cargo do xestor cultural belga Philip Meersman e a especialista audiovisual Janna Beck. Mentres que a coordinación das voces galegas estivo en mans da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, e as imaxes destes últimos foron xeradas polo creador italiano Vito Foderà e por Marcos Pérez, director técnico da Casa das Ciencias.
Proxecto «Urban Travel Machines»
Trátase dun proxecto financiado polo programa «Europa Creativa», que involucra desde outubro de 2022 a tres universidades (Escola de Arte, Deseño e Arquitectura, de Helsinqui-Universidade Aalto; Academia polaco-xaponesa de Tecnoloxía da Información, de Varsovia; e Real Academia de Belas Artes, de Anveres) e catro planetarios europeos (Tartu, en Estonia; Viena, en Austria; Bruxelas en Bélxica; e A Coruña) no desenvolvemento de contidos poéticos de inspiración científica.
O proxecto, que se prolongará ata o outono do 2024, cun festival de peche no planetario de Bruxelas, ten como finalidade organizar encontros creativos en universidades e festivais en planetarios co fin de promover obras poéticas contemporáneas, experimentais e innovadoras, para crear experiencias inmersivas no público de planetarios europeos, a través de actuacións en directo acompañadas de narracións orais e visuais.
PROGRAMA
- Sábado 16 de marzou. 20.00 h recital poético no planetario da Casa das Ciencias.
Domingo 17 de marzo. 20.00 h recital poético no planetario da Casa das Ciencias.
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible