15 de agosto de 2024
A instalación conta cunha piscina de illamento con subministración continua de auga salgada entre outras novidades
O sanatorio de atención veterinaria á poboación de focas que habita o Aquarium Finisterrae ampliouse e mellorouse para atendelas de forma máis adecuada. As novidades na instalación inclúen a creación dunha nova piscina de illamento cunha subministración continua de auga salgada, dous espazos diferenciados de zona húmida e seca, a colocación de portas corredizas e unha pantalla visual para que as focas non estean tan expostas ao público durante as revisións sanitarias.
A nova instalación servirá para realizar exploracións aos exemplares de Phoca vitulina, así como para o seguimento de procesos de recuperación tras enfermidades ou para levar a cabo tarefas vinculadas á hixiene.
Once exemplares
Na actualidade, o Aquarium Finisterrae conta con once individuos de foca común. As máis maiores, Petra e Hansi, chegaron á instalación no ano 2000. A reprodución de exemplares no 2003 deu lugar ao nacemento de Deneb e Altair, as primeiras focas coruñesas.
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
10 de decembro de 2024
Alumnado, profesorado e familias da escola infantil elaboraron os adornos con materiais respectuosos coa natureza
1 de decembro de 2024
Foron capturadas polo equipo do acuario coruñés na ría de entrada da Coruña, nas saídas periódicas que realiza para incorporar novas especies aos tanques do Aquarium.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible