Nunha sesión en directo o público pode participar e dialogar coa persoa que manexa o planetario, que nos leva por estrelas e constelacións visibles a primeira ollada. Un percorrido sempre diferente e salpicado de lendas, música e curiosidades da vida cotiá.
As visitas escolares poden gozar de sesións en directo. Para o público xeral hai sesións en directo os fins de semana e festivos (durante o curso escolar) e a diario (en xullo e agosto).
Tamén hai sesións especiais en directo o último sábado de cada mes. (As datas poden variar ocasionalmente, consultar aquí as sesións)
Os programas gravados son documentais e contos sobre astronomía. Ademais de estrelas e planetas, na cúpula do planetario proxéctanse ilustracións, fotografías panorámicas e animacións xeradas por computador.
Tamén che pode interesar
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 h a 20.00 h, con último acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible