18 de diciembre de 2024
A presentación de solicitudes pode formalizarse a través da sede electrónica do Concello. O prazo estará habilitado durante un mes
O Concello abriu hoxe o prazo para solicitar as axudas ao transporte en taxi de persoas con discapacidade, unha convocatoria coa que, ano tras ano, o Goberno de Inés Rey busca darlles resposta ás necesidades das veciñas e veciños afectados gravemente na súa mobilidade, contribuíndo a facilitarlles o acceso a un servizo alternativo para os seus desprazamentos.
A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, subliñou a importancia desta iniciativa, "unha prestación que axuda a centos de coruñesas e coruñeses que, polas súas dificultades, teñen problemas ou directamente impedimentos para usar os transportes públicos colectivos". Canosa apuntou, a este respecto, que o Concello ten prevista unha dotación de 125.000 euros de cara ao vindeiro exercicio, para aplicar neste programa.
Neste ano 2024, o programa de axudas ao transporte en taxi de persoas con discapacidade chegou a máis de 300 beneficiarias e beneficiarios, dos que un amplo número son coruñesas e coruñeses en franxas de idade máis avanzadas, concretamente entre os 80 e 89 anos.
A presentación de solicitudes de cara á convocatoria do ano 2025 pode formalizarse desde este mesmo mércores, a través da Sede electrónica . As persoas interesadas en optar ás axudas terán un prazo dun mes para presentar a documentación requirida.
Máis información, no extracto publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e tamén na páxina web do Concello da Coruña.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible