Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de febrero de 2023

Hai case 7.000 persoas usuarias do servizo, máis do dobre das contabilizadas en xuño do ano pasado, cando se acometeu a primeira renovación de BiciCoruña desde a súa posta en marcha en 2009

O Concello da Coruña habilita tres novas estacións de BiciCoruña no barrio do Ventorrillo, o parque de Oza e a praza de Recife

Con 35 bases xa operativas, o Goberno de Inés Rey dá continuidade ao proceso de expansión de BiciCoruña a todos os barrios da cidade. Actualmente, trabállase na implantación das estacións de Agrela e Someso

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou este venres a posta en funcionamento de tres novas estacións do servizo municipal de BiciCoruña, ampliando a 35 o total de bases existentes na cidade tras habilitarse, esta mañá, as que están localizadas na rúa Monasterio de Caaveiro (O Ventorrillo), na contorna do parque de Oza coa rolda de Outeiro e na rúa Maxistrado Manuel Artime, lindeira á praza de Recife.

As novas bases contan con 15 ancoradoiros -19 no caso da rúa Monasterio de Caaveiro- con cadansúas bases de carga para os vehículos, e están abertas desde hoxe para o uso e gozo da cidadanía, no seu horario habitual (das 07.00 da mañá á 01.00 da madrugada), facilitando os desprazamentos laborais a primeira hora e tamén o regreso das persoas usuarias aos seus domicilios en horario nocturno.

Inés Rey destacou o compromiso do Goberno municipal "para expandir o servizo municipal de BiciCoruña a todos os barrios da Coruña, ata un total de 55 estacións e apostando pola mobilidade sostible". Neste sentido, a rexedora avanzou que o servizo de Mobilidade está a traballar, actualmente, na disposición de novas estacións en máis distritos da cidade. É o caso, por exemplo, do polígono de Agrela e o barrio de Someso, "onde a implantación das novas bases de BiciCoruña esixen unha remodelación das beirarrúas e tamén a creación das instalacións necesarias para o funcionamento das estacións".

No caso de Someso, os traballos para instalar a estación que estará situada na avenida da Universidade, fronte ao recinto ferial de Expocoruña, comezaron a inicios de semana, coa pavimentación da beirarrúa e a calzada. "Son trámites necesarios para a instalación da nova base", aclarou Inés Rey.

O servizo municipal de BiciCoruña conta con case 7.000 persoas usuarias

BiciCoruña pechou o ano 2022 contabilizando un total de 329.492 usos, o récord anual desde a súa posta en marcha.

No que vai de ano, desde o 1 de xaneiro e ata a actualidade, rexistráronse no servizo municipal de BiciCoruña un total de 72.124 usos. En termos comparativos, é un 94 % dos usos rexistrados entre o 1 de xaneiro e o 12 de xuño do ano pasado, data na que se acometeu a renovación do servizo. Neste período, contabilizáronse 77.023 usos.

No pasado mes de xaneiro rexistráronse 52.190 usos, o que supón o dato máis elevado no histórico dos meses de xaneiro desde a posta en marcha de BiciCoruña, no ano 2009.

Por outra banda, actualmente hai case 7.000 persoas usuarias activas do servizo municipal de BiciCoruña. É máis do dobre das que se contabilizaban o 12 de xuño de 2022, cando había 3.058 persoas usuarias rexistradas. A alcaldesa subliñou que "a meta do Goberno municipal é chegar, este ano, ás 10.000 persoas usuarias".

A renovación do servizo executada neste mandato -a primeira desde a posta en marcha de BiciCoruña, hai máis de unha década- supón a incorporación progresiva de 514 novas bicicletas, das que 172 son eléctricas e 342, mecánicas. Ademais, licitouse xa a ampliación do parque de bicicletas eléctricas, que crecerá con 92 máis. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión