Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de noviembre de 2022

A alcaldesa, Inés Rey, subliñou os avances en mobilidade experimentados pola cidade en base ás medidas postas en marcha neste semestre, coa renovación de BiciCoruña e a bonificación das viaxes en autobús

O novo BiciCoruña rebasa, por primeira vez na historia do servizo, o cuarto de millón de usos nun só exercicio

No que vai de ano, o servizo de BiciCoruña contabiliza 266.701 usos e conta con 5.680 persoas usuarias, o récord da plataforma desde a súa posta en marcha hai máis de unha década

A alcaldesa, Inés Rey, fixo balance este mércores das melloras en mobilidade promovidas polo Goberno municipal neste semestre. Neste sentido, a rexedora subliñou os avances que continúa a experimentar o servizo municipal de BiciCoruña, renovado o pasado verán por primeira vez desde a súa posta en marcha, hai trece anos, e que actualmente conta cunha frota de 514 vehículos (172 bicicletas eléctricas e 342 mecánicas) repartidos entre as 28 estacións operativas, unha rede que se ampliará ata un total de 55 segundo as previsións da área de Mobilidade.

Neste sentido, Inés Rey detallou que "por primeira vez na historia de BiciCoruña, o servizo rebasou o cuarto de millón de usos nun só exercicio". No que vai de ano, BiciCoruña acumula un total de 266.701 usos, unha cifra á que se chega tras os catro meses consecutivos, entre agosto e novembro, nos que a plataforma rexistrou récords mensuais de usos diarios tras a renovación do servizo. "Neste mes, no que habitualmente se detectaba un descenso dos usos por cuestións meteorolóxicas, os vehículos de BiciCoruña recibiron 36.000 usos, o dobre do anterior teito para este mes, que estaba en algo máis de 18.000, no ano 2017", explicou a alcaldesa.

Ademais, segue a incrementarse o número de usuarios da plataforma. En xuño deste ano, cando o Goberno de Inés Rey acometeu a renovación do servizo, BiciCoruña contaba con 3.058 persoas usuarias. "Agora, e tras as melloras executadas, estamos no camiño de duplicar esta cifra", concretou a alcaldesa. BiciCoruña conta, segundo os últimos datos recollidos pola área de Mobilidade, con 5.680 persoas usuarias.

600.000 viaxes máis no bus urbano

Por outra banda, Inés Rey detallou polo miúdo os avances experimentados na cidade en materia de transporte público, en base ás últimas medidas aprobadas polo Goberno municipal para bonificar as diversas tarifas para desprazamentos en autobús.

"Desde o pasado 1 de setembro, e grazas ao desconto de 30 % aprobado polo Goberno municipal con fondos do Estado, a Compañía de Tranvías contabilizou máis de 3,9 millóns de viaxes das persoas usuarias, o que supón un 18,1 % máis en comparación co mesmo período do ano pasado", concretou a alcaldesa. Isto implica que, desde o 1 de setembro e ata comezos deste mes, rexistráronse 600.000 viaxes máis que no mesmo tramo temporal correspondente ao 2021.

Ademais, e coa bonificación do transporte nas liñas de autobús universitario, medida aprobada polo Goberno municipal e que entrou en vigor o día 3 de outubro, rexistráronse máis de 207.000 viaxes por parte das persoas usuarias na liña UDC. "É un 15,3 % máis que no mesmo período do ano pasado, o que implica case 28.000 desprazamentos máis. Este crecemento vai impulsado pola rebaixa do 60 % na tarifa para os estudantes, que aboan hoxe 21 céntimos por viaxe, a taxa máis baixa en décadas", recordou a rexedora.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión