9 de marzo de 2020
Durante o estado de alarma, os prazos de devolución das compras veranse afectados.
Durante a vixencia do estado de alarma ou as súas posibles prórrogas, interrómpense os prazos para devolver os produtos comprados por calquera modalidade, ben presencial ben en liña. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma ou, se for o caso, as súas prórrogas.
Na OMIC A Coruña seguimos atendendo a dúbidas de persoas usuarias de luns a venres de 8.00 a 14.00 h no 981 189 820, a través do 010 ou no correo electrónico habitual: omic@coruna.es.
Segue sendo posible presentar reclamacións de consumo a través da sede electrónica municipal. Pódese acceder a través da nosa páxina https://www.coruna.gal/omic/ na ligazón "Fai unha reclamación".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible