Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

A OMIC do Concello da Coruña deseña, elabora e desenvolve unha oferta múltiple e adaptada ás necesidades específicas dos distintos colectivos.

Para iso lévanse a cabo diferentes programas destinados a todo tipo de público e realizados en distintas épocas do ano.

Escolas de verán

Talleres para nenos e nenas no verán

Más información

Coruña Educa

Este programa engloba unha gran variedade de programas educativos promovidos e organizados polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, dirixidos a todos os centros escolares da cidade e dos arredores.

http://edu.coruna.es/ga/libro_dixital_2016_2017

Actividades para centros cívicos e asociacións

Poñemos ao servizo das asociacións, centros cívicos ou calquera organización ou entidade social da Coruña que o solicite, unha ampla oferta de charlas, talleres e actividades prácticas, dentro da programación anual da OMIC.

Desenvólvense programas personalizados e adáptanse os horarios e contidos ás necesidades da entidade solicitante.

Destinatarios: centros cívicos, asociacións e entidades sociais de calquera tipo

Lugar de realización: instalacións da OMIC da Coruña ou no centro solicitante

Datas: acordaranse segundo conveña

Horario: acordarase segundo conveña (mañá ou tarde)

Inscrición: indicando os datos da entidade e contidos que se desexan tratar mediante algún dos seguintes medios:

  • teléfono: 981 189 820
  • correo electrónico: omic@coruna.es
  • achegándose á nosa oficina (r/ Costa da Palloza, 8, en horario de 10.00 a 14.00 h)

As actividades son totalmente gratuítas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión