Concello da Coruña

Concello da Coruña

Compras seguras

Obxectivo:

Dar a coñecer as principais pautas que determinan a seguridade no consumo de forma que identifiquen claramente todos os produtos non alimenticios que se comercializan no mercado como seguros, evitando riscos para a nosa seguridade. Coñecer os requisitos xerais de seguridade, en particular a etiquetaxe, a documentación técnica e a notificación ás autoridades.

A seguridade dos produtos: material escolar

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Ed. Primaria

Obxectivos:

  • Coñecer o material escolar, as súas características e cales son os adecuados para traballar.
  • Identificar o material adquirindo hábitos e precaucións no uso de material escolar, para evitar danos tanto por toxicidade como por posibles danos de elementos mecánicos.
  • Coñecer a etiquetaxe do material escolar e a información obrigatoria.

Descrición e actividades:

Nesta actividade ofrecemos información para facer unha compra e un uso responsable do material escolar, para evitar posibles riscos e o mal uso, conseguindo así unha duración prolongada del e o coidado do medio ambiente. Mediante un concurso analizaremos os materiais máis usados e descubriremos que calidades son as "gañadoras".

Material e recursos educativos:

Proxector, ordenador, folletos de publicidade, pegamento e tesoiras, material escolar de mostra.

Seguridade no fogar

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Primaria (segundo ciclo) e EE

Obxectivos:

  • Adquirir coñecementos sobre os perigos que se poden producir no ámbito doméstico, onde se produce o maior número de accidentes.
  • Analizar os riscos da cociña e o baño como os lugares máis perigosos e de maior risco.
  • Coñecer a información que debe figurar nas etiquetas, fichas e pictogramas de seguridade dos produtos de limpeza para coñecer o produto e a súa utilización.
  • Descubrir diferentes distintivos e sinais de aviso por medio do xogo.

Descrición e actividades:

Inicialmente levamos a cabo unha choiva de ideas para que o alumnado enumere posibles riscos cotiáns no fogar.

A continuación, e a modo de presentación, completamos esa listaxe con máis exemplos prácticos e consellos accesibles.

Finalmente realizamos un xogo de memoria para unir os sinais coa acción correspondente.

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión