COMERCIO DE PROXIMIDADE
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de educación primaria (segundo e terceiro ciclo), ESO, bacharelato, Ciclos Formativos e EE
Obxectivos:
Descrición e actividades:
Damos a coñecer os beneficios do comercio local e de proximidade, por exemplo, en tendas de barrio e mercados municipais. Ademais, informamos de cales son os "mercados coruñeses" e todos os seus servizos. Facemos diferentes dinámicas co fin de que as persoas participantes se acheguen aos comercios máis próximos, creando e fortalecendo unha relación coa contorna e o barrio onde viven.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos
Obxectivos:
Descrición e actividades:
A partir de dinámicas de preguntas e reflexións traballamos sobre o funcionamento e os intereses que poden ter os bancos.
Redactamos un "decálogo de requisitos" que deberá cumprir a banca para que realmente sexa ética. Finalmente expoñemos casos prácticos de banca ética.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e EE
Obxectivos:
Descrición e actividades:
Falamos da incidencia que o consumo ten na conservación ou deterioración do medio ambiente e damos a coñecer o concepto e índice de pegada "ecolóxica", pasando posteriormente a calcular a de cada participante.
Finalmente, de maneira colectiva, buscamos posibles accións para reducir a nosa "pegada ecolóxica".
Realizamos experimentos sinxelos que nos axudan a ver de maneira tanxible os procesados aos que foron sometidos algúns alimentos.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Infantil (3-6), Primaria e EE
Obxectivos:
Descrición e actividades:
A través de xogos de manipulación, onde se manexan residuos reais e simulados, o alumnado aprenderá a separar os residuos en orixe, paso de vital importancia para a reciclaxe de envases e outros residuos. Para finalizar buscaremos alternativas de consumo a todos os produtos manexados para conseguir a redución de residuos.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Infantil, Primaria e EE
Obxectivos:
Descrición e actividades:
Mediante un xogo analizamos o consumo habitual de auga durante un día para descubrir todo o gasto directo e indirecto. A partir das diferentes análises buscamos posibles solucións para reducir o consumo diario de auga e o impacto que xera.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Primaria (terceiro ciclo), ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e EE
Obxectivos:
Descrición e actividades:
Mediante situacións reais, tentamos demostrar que para acceder a produtos baratos nos países máis desenvolvidos alguén resulta prexudicado noutros lugares, aínda sendo de maneira indirecta.
Despois desta primeira fase presentamos o que é un comercio xusto, que fuxa de conceptos como o de caridade, pero que garanta unhas condicións de vida dignas.
Realización da dinámica dos "tres mundos" para que comprendan a distribución e elaboración dos produtos a nivel mundial.
Outros contidos relacionados
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible