Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consumo responsable das tecnoloxías

Obxectivo:

Favorecer que os e as participantes coñezan os seus dereitos e deberes como persoas consumidoras e usuarias do comercio electrónico e as novas tecnoloxías da información

Redes sociais

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

  • Coñecer as redes sociais como instrumento de comunicación e interacción.
  • Descubrir e estar alerta ante as ameazas e riscos debidos ao mal uso destas.
  • Adquirir hábitos para un uso responsable das ditas redes.
  • Analizar e recoñecer tamén o ciberacoso e o ciberacoso sexual (grooming).

Descrición e actividades:

Neste obradoiro farase unha análise do uso cotián que fan as alumnas e alumnos das redes sociais e das medidas de protección que toman ou deberían tomar. Incidimos no uso responsable das redes sociais e sobre todo en como garantir a súa privacidade. Analizamos diferentes casos prácticos utilizando xogos de simulación.

Outros contidos relacionados

Comercio electrónico

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

  • Achegar ao alumnado unha análise dos produtos que poden comprar a través de Internet.
  • Analizar os puntos de venda dos produtos.
  • Distinguir os sitios seguros dos que non o son.
  • Analizar as técnicas de mercado que utiliza Internet para a venda de produtos.
  • Comparar as distintas formas de pagamento dun produto e analizar as vantaxes e desvantaxes de cada unha delas.

Descrición e actividades:

Neste taller amosamos as múltiples posibilidades de compra que temos por Internet, incidindo naqueles criterios de seguridade e fiabilidade que debemos ter en conta para facer unha compra satisfactoria.

Outros contidos relacionados

Seguridade na Internet

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Obxectivos

  • Coñecer as posibilidades que ofrece Internet para acceder a información, para o entretemento, a comunicación e mesmo a compra de calquera produto.
  • Recoñecer as dificultades e desvantaxes: o acceso a contidos ilegais, o illamento social como consecuencia dun uso abusivo deste medio, a posibilidade de ser vítimas dos chamados delitos informáticos etc.
  • Adoptar hábitos que ensinen ao alumnado para evitar os posibles perigos.

Descrición e actividades:

Utilizando casos prácticos ofrecemos información relevante sobre os protocolos mínimos para que a nosa conexión a redes da internet e a nosa navegación sexan seguras e manteñan a privacidade.

Outros contidos relacionados

Dispositivos móviles

Duración:

60 min

Edad recomendada:

 Alumnado de ESO, Bachillerato y Ciclos Formativos

Objetivos:

  • Comprender el uso de los dispositivos móviles ya que forman parte de nuestra vida y nos la facilitan en muchas ocasiones.
  • Conocer las consecuencias del abuso de estos dispositivos.

Descripción y actividades

Analizamos las consecuencias del mal uso de estos dispositivos proporcionando una información completa que nos facilite su consumo responsable. Todo esto con dinámicas y actividades en grupo para que los conocimientos se integren de manera ágil y lúdica.

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión