Concello da Coruña

Concello da Coruña

Alimentación e consumo

Obxectivo:

Facilitar a información necesaria para unha alimentación correcta e saudable e concienciar sobre como o resultado das nosas compras pode influír na nosa saúde.

Etiquetaxe alimentaria

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Obxectivos:

  • Coñecer cales son e en que consisten os elementos mínimos e obrigatorios da etiquetaxe de alimentos

  • Identificar distintos tipos de ingredientes e composicións na etiquetaxe.

  • Recoñecer diferentes produtos pola súa etiqueta.

  • Analizar etiquetas alimentarias de acordo coa normativa vixente.

Descrición e actividades:

Descubrimos os contidos mínimos da etiqueta dun produto alimentario facendo o recoñecemento de diferentes produtos, así como a súa análise.

Outros contidos relacionados

Nutrición e dieta equilibrada

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ed. primaria, ESO, bacharelato, ciclos formativos e EE

Obxectivos:

  • Comprender a diferenza entre alimentos e nutrientes.

  • Promover hábitos saudables que fomenten unha dieta sa, variada e equilibrada, subministrando todos os nutrientes nunha proporción adecuada.

  • Analizaremos o prato de Harvard como base para unha correcta alimentación.

  • Realizar diferentes menús con cantidades adecuadas de nutrientes.

  • Mediante o olfacto e o tacto analizar, descubrir e coñecer distintos alimentos e as súas propiedades.

Descrición e actividades:

Empregando dinámicas de traballo conxunto realizamos menús saudables. Por medio de xogos aprendemos a diferenciar os distintos tipos de nutrientes nunha dieta equilibrada.

Outros contidos relacionados

Froitas e verduras

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Ed. Infantil e Primaria

Obxectivos:

  • Comprender a diferenza entre alimentos e nutrientes.

  • Descubrir os diferentes tipos de alimentos e a importancia das froitas e as verduras.

  • Aprender a relación das cores coas vitaminas destes alimentos.

Descrición e actividades:

Empregando o conto como base realizamos actividades para aprender a importancia do consumo de froitas e verduras.

Por medio de xogos confeccionamos en grupos varias merendas saudables.

Xogando cos sentidos descubrimos diferentes froitas e verduras e agrupamos os alimentos segundo os seus nutrientes.

Outros contidos relacionados

Alimentos funcionais

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Obxectivos:

  • Coñecer e identificar cales son os alimentos funcionais, algunhas das súas características e como debe ser a súa etiquetaxe.

  • Descubrir a relación entre o consumo destes alimentos e unha dieta equilibrada.

  • Coñecer diferentes enfermidades comúns relacionadas coa alimentación e reflexionar sobre elas.

  • Promover o consumo destes alimentos para introducilos nas dietas habituais.

Descrición e actividades:

Empregando unha presentación como base explicamos cales son os alimentos funcionais e os beneficios do seu consumo habitual.

Con dinámicas e xogos coñecemos distintos trastornos alimentarios frecuentes na actualidade.

Por medio de actividades realizamos e analizamos distintos tipos de menús con diferentes alimentos.

Outros contidos relacionados

A listaxe da compra

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Ed. Primaria (terceiro ciclo), ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Obxectivos:

  • Adquirir os coñecementos necesarios para realizar unha compra responsable de produtos

  • Aprender a realizar unha compra considerando os valores nutricionais, ingredientes, data de caducidade e o prezo.

Descrición e actividades:

Traballamos por medio de actividades e xogos a elaboración de listaxes da compra e menús equilibrados, tendo en conta criterios ecolóxicos, económicos e nutricionais.

Outros contidos relacionados

Dispendio alimentario

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ed. primaria (terceiro ciclo), ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

  • Adquirir hábitos para evitar malgastar os alimentos, sensibilizando e concienciando o alumnado na importancia de adquirir boas rutinas.
  • Aprender a analizar as causas do dispendio alimentario.
  • Relacionar este dispendio coa perda de valor ambiental, cultural e económico dos alimentos.

Descrición e actividades:

A través de diferentes dinámicas de autoanálise faremos consciente o alumnado do grao de dispendio alimentario que se fai diariamente.

Por medio de xogos buscamos solucións prácticas que contribúan a reducir e mesmo a evitar malgastar.

Propoñemos solucións ao alcance da nosa man para axudar a minimizar este problema.

Outros contidos relacionados

Alimentos ecolóxicos

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Ed. Primaria (terceiro ciclo), ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Obxectivos:

  • Coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva destes mediante a realización dunha análise comparativa.
  • Descubrir o que é un alimento procesado e para que se utilizan eses procesos.
  • Traballar as bases dunha alimentación saudable, con pautas que nos permitan organizar o consumo de alimentos completos, sans e económicos.

Descrición e actividades:

Coñecemos o que son produtos ecolóxicos e a normativa que os regula, así como o beneficio do consumo destes produtos comparándoos co resto de alimentos do mercado.

Realizamos experimentos sinxelos que nos axudan a coñecer o grao de procesado dos alimentos.

Mediante actividades e xogos realizamos menús saudables que teñan en conta a boa alimentación e o impacto económico e ecolóxico.

Outros contidos relacionados

Alimentos sostibles para o cole

Duración: 

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ed. infantil (3-6) e primaria (primeiro ciclo)

Obxectivos:

  • Concienciar sobre a importancia dunha boa alimentación e dunha vida sa.

  •  Informar o alumnado sobre a mala alimentación e do prexudicial que é para o noso desenvolvemento.

  • Fomentar o coidado do planeta na nosa vida diaria. 

  • Cambiar con pequenas pautas, hábitos prexudiciais para nós e para o noso planeta.

  • Proporcionar información para xerar unha actitude de consumo crítico.

Descrición e actividades:

Mediante xogos e talleres coñecemos alimentos saudables.

Realizamos menús semanais de merendas para o colexio que inclúan unha alimentación equilibrada e que sexan respectuosos co medio ambiente.

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión