Concello da Coruña

Concello da Coruña

Menores e consumo

Construción de xoguetes

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ed. infantil (3-6) e primaria (primeiro e segundo ciclo) e EE

Obxectivos:

  • Coñecer os materiais cos que se realizan os xoguetes e o impacto ambiental que provocan.
  • Tomar conciencia de que para xogar non hai que ter necesariamente un xoguete.
  • Aprender a construír xogos e xoguetes baseándose en materiais de refugallo, estimulando a imaxinación e creatividade das nenas e nenos.
  • Descubrir que a fabricación de xoguetes é entretida, divertida e moi útil para coidar o planeta.

Descrición e actividades:

Neste obradoiro construímos xoguetes con materiais de refugallo e/ou material natural fomentando así o traballo en equipo, a imaxinación e a creatividade. Calquera cousa pode ser un xoguete. Desta maneira concienciamos e sensibilizamos as nenas e nenos co coidado do medio ambiente e cun consumo responsable de xoguetes.

Outros contidos relacionados

Compra responsable de xoguetes

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Ed. Primaria

Obxectivos:

  • Aprender a reflexionar sobre os xoguetes que nos gustan.
  • Ter conciencia dos materiais e métodos que se empregan para a súa fabricación.
  • Analizar o impacto ambiental que producen.
  • Fomentar actitudes igualitarias a partir dos xogos e xoguetes que elixen as nenas e nenos, fomentando unha compra responsable e crítica fuxindo de artigos estereotipados ou que implique roles de xénero sexistas.

Descrición e actividades:

Partindo dun vídeo analizaremos como están distribuídos os xoguetes nos centros comerciais e a relación que isto ten coas profesións que desempeñamos no futuro.

Analizamos catálogos de xoguetes e distintas publicidades para ser conscientes de que consumimos, tendo en conta o impacto ambiental na fabricación e consumo de xoguetes.

Outros contidos relacionados

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión