A arbitraxe de consumo é unha vía extraxudicial e voluntaria que permite resolver, dunha maneira rápida, eficaz e gratuíta, os desacordos que poidan xurdir entre as persoas consumidoras/usuarias e as empresas.
Resólvese mediante laudo arbitral, sen que faga falta acudir á vía xudicial común.
A tramitación é gratuíta; soamente a práctica dalgunhas probas periciais, realizadas por petición da parte, pode supoñer algún pequeno custo.
Ambas as partes deciden libremente que sexa a Arbitraxe de Consumo quen resolva os seus desacordos.
O laudo arbitral é de obrigado cumprimento, como se dunha sentenza se tratase.
A Xunta Arbitral de Consumo de Galicia é un organismo vinculado directamente á Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Consumo. A súa sede está en Santiago de Compostela e está composta por unha presidencia e unha secretaría. Con todo realízanse audiencias arbitrais nas sete grandes cidades de Galicia.
Para atender as solicitudes de arbitraxe constitúense órganos arbitrais, que son os órganos encargados de coñecer e ditar o laudo arbitral sobre cada cuestión sometida á arbitraxe.
A adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo por parte das empresas ou profesionais pódese producir de dúas formas:
Para coñecer as empresas adheridas prema aquí.
Xunta Arbitral de Consumo de Galicia
Avda. Torrente Ballester n.º 1-3-5 baixo
15707 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 544 512
Fax. 981 544 599
Correo electrónico: igc@xunta.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible