Na etiquetaxe de todo produto alimenticio figurará a data de duración mínima ou, se é o caso, a data de caducidade.
A data de duración mínima é a data ata a que o produto mantén as súas propiedades específicas en condicións de conservación adecuadas, expresarase mediante as lendas:
a) "Consumir preferentemente antes do...", cando a data inclúa a indicación do día.
b) "Consumir preferentemente antes do fin de...", nos demais casos.
A data estará composta pola indicación clara e en orde do día, o mes e o ano. Non obstante nos produtos:
No caso dos produtos microbioloxicamente moi perecedoiros, por exemplo os iogures, natillas ou similares e que por iso poidan supoñer un perigo inmediato para a saúde humana despois dun curto período de tempo, a data de duración mínima cambiarase pola data de caducidade, expresada mediante a lenda "data de caducidade" seguida da data en día, mes e, eventualmente, ano. As ditas informacións completaranse cunha descrición das condicións de conservación que terán que respectarse.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible