Os procesos de cambio de operador realizaranse, con carácter xeral, a través da baixa do usuario final co operador de orixe e a alta co de destino.
Para a tramitación da baixa, o abonado deberá comunicarlla directamente ao operador de orixe conforme ao procedemento que figure no contrato, aínda que, a recepción polo operador de orixe dunha solicitude válida de cambio de operador con conservación de número implicará a baixa co devandito operador de todos os servizos asociados ao servizo telefónico identificado pola numeración portada. A baixa producirá efectos a partir do momento en que o operador de orixe deixe de prestar efectivamente o servizo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible