Formación para persoas adultas
Actividades formativas para persoas adultas que proporcionan información sobre os seus dereitos e deberes como persoas consumidoras.
O Servizo Municipal de Consumo elabora anualmente un programa de formación en consumo destinado a persoas adultas.
De forma continua na OMIC desenvólvense talleres prácticos e charlas formativas con diferentes temas de actualidade que pretenden achegar os problemas máis habituais ás persoas consumidoras para que coñezan cales son os seus dereitos e como defenderse ante situacións de abuso.
Os diferentes talleres e charlas teñen unha duración aproximada de 90 minutos e impártense nas instalacións da OMIC en horario de 11:30 a 13:00 h. Están dirixidos a persoas maiores de 18 anos, en grupos mínimos de 15 asistentes.
Todas as actividades para persoas adultas son gratuítas e pódense inscribir a través do teléfono 981 189 820 ou nas propias oficinas da OMIC.
Calquera colectivo de persoas adultas interesado nas materias de consumo pódelle solicitar á OMIC realizar unha actividade formativa aínda cando non estean dentro das actuacións programadas, sempre que sexa relativo á defensa dos dereitos das persoas consumidoras.
As persoas interesadas no programa de formación poden solicitar información no 981 189 820.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible