7 de marzo de 2019
A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras no ano 1983, cuxa celebración conmemora o discurso dado polo presidente John F. Keneddy o 15 de marzo de 1962 para recoñecer a persoa consumidora como un elemento fundamental dentro do proceso produtivo.
Actividades 2019
Na segunda quincena do mes de marzo a Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) da Coruña porá en marcha una campaña de sensibilización baixo o lema "Fagamos Grande a Letra Pequena" destinada ao alumnado de Educación Primaria.
A actividade consiste nunha pequena dinamización teatral nos propios centros escolares destinatarios da iniciativa. Na representación o guión aborda conceptos cotiás de consumo, facendo fincapé nos dereitos e obrigacións como consumidores/as.
No pasado, nenas e nenos desta idade non eran grupos de acción prioritaria en consumo pero, na actualidade, a través das novas tecnoloxías ou pola súa propia influencia no consumo e eleccións domésticas, a OMIC diríxese a eles e elas como un novo público destinatario destas accións.
A Oficina repite con esta actividade una dinámica iniciada en anos precedentes con gran éxito. A importancia da formación das persoas consumidoras comeza cada vez máis en idades temperás; de aí que a iniciativa municipal vaia dirixida a este alumnado tan mozo nesta conmemoración.
Claves:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible