Concello da Coruña

Concello da Coruña

Talleres relacionados con consumo e publicidade

Obxectivo:

Informar e concienciar, mediante talleres de "sensacións", sobre a existencia de técnicas e métodos para inducir á compra, así como orientar as persoas participantes cara a un consumo intelixente e responsable.

A publicidade nos medios

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ed. primaria (terceiro ciclo), ESO, bacharelato, ciclos formativos e EE

Obxectivos:

  • Analizar a evolución da publicidade nos medios, espertando no alumnado un sentido crítico para os estereotipos que se utilizan nos anuncios.
  • Coñecer e analizar os distintos tipos de publicidades e a lexislación que a regula.
  • Aprender a xerar un espírito crítico con respecto á publicidade que nos parece pouco ética ou irreal.
  • Potenciar unha actitude positiva cara á análise crítica de calquera tipo de publicidade nos diferentes medios.

Descrición e actividades:

Nesta actividade analizamos os mecanismos empregados polos publicistas para incitar ao consumo e os medios nos que se mostran. Facemos unha comparativa de diferentes publicidades.

Poñemos exemplos reais e é o alumnado, de maneira práctica, quen descubrirá e analizará estes mecanismos de venda.

Outros contidos relacionados

Publicidade "Verde"

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Obxectivos:

  • Coñecer que é unha empresa "verde" nas súas prácticas ou na elaboración dos seus produtos.
  • Explicar e entender a diferenza entre un produto verde e un "lavado de imaxe" que simplemente manipula a información.

Descrición e actividades:

A través de exemplos prácticos mostramos o fenómeno de "greenwashing" e a publicidade verde. Facemos distintas actividades en equipo para axudarnos a identificalo e previlo.

Outros contidos relacionados

Os nosos sentidos e o consumo

Duración:

50-60 min

Idade recomendada:

Alumnado de ed. infantil (3-6) e primaria e EE

Obxectivos:

  • Recoñecer os nosos sentidos mediante xogos.
  • Coñecer as diferentes técnicas que empregan a estimulación dos nosos sentidos para inducirnos ao consumo.

Descrición e actividades:

Facemos diferentes xogos para descubrir que non só a vista intervén á hora de decidirnos a mercar algo. Tapamos os ollos do alumnado e imos "activando" o resto dos sentidos: oído, olfacto, gusto e tacto, descubrindo novas sensacións. Para acabar, explicamos como moitas veces, por medio do márketing, as grandes superficies utilizan técnicas baseadas en provocar diferentes "sensacións" para motivar a compra de determinados artigos.

Outros contidos relacionados

A publicidade dos alimentos

Duración:

60 min

Idade recomendada:

Alumnado de Ed. Primaria, ESO e EE

Obxectivos:

  • Coñecer como se regula a publicidade que vemos, ouvimos ou lemos sobre os distintos produtos alimenticios.
  • Aprender a diferenciar e valorar de maneira obxectiva os distintos produtos que están no mercado.

Descrición e actividades:

Axudamos a diferenciar o que é publicidade de alimentos e o que debe ser unha etiqueta legal con toda a información necesaria. A continuación, e con diferentes casos prácticos e xogos de rol, descubrimos cales son os principais "trucos" e "trampas" da publicidade dos alimentos e tentamos detectar cando esa publicidade é enganosa ou mesmo fraudulenta.

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión