Obxectivo:
Dar a coñecer as principais pautas que determinan a seguridade no consumo de forma que identifiquen claramente todos os produtos non alimenticios que se comercializan no mercado como seguros, evitando riscos para a nosa seguridade. Coñecer os requisitos xerais de seguridade, en particular a etiquetaxe, a documentación técnica e a notificación ás autoridades.
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Ed. Primaria
Obxectivos:
Descrición e actividades:
Nesta actividade ofrecemos información para facer unha compra e un uso responsable do material escolar, para evitar posibles riscos e o mal uso, conseguindo así unha duración prolongada del e o coidado do medio ambiente. Mediante un concurso analizaremos os materiais máis usados e descubriremos que calidades son as "gañadoras".
Material e recursos educativos:
Proxector, ordenador, folletos de publicidade, pegamento e tesoiras, material escolar de mostra.
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Primaria (segundo ciclo) e EE
Obxectivos:
Descrición e actividades:
Inicialmente levamos a cabo unha choiva de ideas para que o alumnado enumere posibles riscos cotiáns no fogar.
A continuación, e a modo de presentación, completamos esa listaxe con máis exemplos prácticos e consellos accesibles.
Finalmente realizamos un xogo de memoria para unir os sinais coa acción correspondente.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible