Escola de verán 2024
QUÉ É A ESCOLA DE VERÁN?
Actividades lúdicas e didácticas arredor do consumo responsable que se desenvolven para nenas e nenos de 4 a 10 anos, no mes de xullo, en horario de mañá.
TÉMATICA DE CADA QUENDA
Facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, facendo usuarias e usuarios conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas tecnoloxías.
Coñecer a importancia da compra de proximidade para manter unha alimentación sa e equilibrada. Sensibilizar na creación de hábitos de alimentación positivos e saudables fomentando o comercio de cercanía.
PERSOAS DESTINATARIAS
Serán nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, nacidos entre 01.01.2014 e o 31.12.2020, e dispoñeranse en dúas quendas con dous grupos en cada quenda en función dos rangos de idade:
A asignación a cada un dos grupos de idade corresponderá exclusivamente á organización e farase en función dos anos da/o participante no momento do inicio do campamento.
HORARIOS DE ACTIVIDADES
De luns a venres das 09.00 ás 14.00 horas
Por motivos de conciliación as nenas e nenos participantes poderán chegar ao campamento dende as 08.15 da mañá e poderán permanecer ata as 14.45 h.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Centro Municipal de Emprego. Estrada dos Fortes ao Monte de San Pedro, s/n. 15011 A Coruña
PREINSCRICIÓN
Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio na web coruna.gal/campamentos2024
Todas as preinscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados na páxina de preinscrición non serán tramitadas.
As listas de preinscritas/os faranse públicas o 31 de maio.
Poden consultar as listaxes de preinscricións aquí:
www.coruna.gal/campamentos2024
Do 31 de maio ao 3 de xuño poderanse efectuar reclamacións en canto ás listas de preinscritas/os.
SORTEO PÚBLICO
As prazas adxudicaranse por sorteo, que se realizará o día 5 de xuño nas instalacións da OMIC. As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante. O sorteo será público e consistirá na extracción dun número, para cada unha das quendas, que fixará a orde de preferencia para ocupar as prazas.
O 11 de xuño publicarase a lista de nenas e nenos admitidos en cada quenda, nas webs municipais e no 010. Se a/o solicitante non está na lista de admitidas/os, estará na lista de espera. Se por algunha circunstancia especial, debidamente informada, algunha das/dos menores admitidas/os fose obxecto de especial protección non se publicará o seu nome nas listaxes oficiais.
Se quedan prazas vacantes, despois da inscrición das persoas admitidas, chamarase ás reservas pola orde correspondente.
INSCRICIÓN
A inscrición definitiva será do 11 ao 17 de xuño exclusivamente a través da páxina web municipal:
https://www.coruna.gal/omic/gl/escola-de-veran/formulario-para-inscricions-na-escola-de-veran
Se non se formaliza a inscrición no prazo indicado, a praza quedará libre.
REQUISITOS XERAIS
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible