Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
Obxectivos:
Coñecer cales son e en que consisten os elementos mínimos e obrigatorios da etiquetaxe de alimentos
Identificar distintos tipos de ingredientes e composicións na etiquetaxe.
Recoñecer diferentes produtos pola súa etiqueta.
Analizar etiquetas alimentarias de acordo coa normativa vixente.
Descrición e actividades:
Descubrimos os contidos mínimos da etiqueta dun produto alimentario facendo o recoñecemento de diferentes produtos, así como a súa análise.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de ed. primaria, ESO, bacharelato, ciclos formativos e EE
Obxectivos:
Comprender a diferenza entre alimentos e nutrientes.
Promover hábitos saudables que fomenten unha dieta sa, variada e equilibrada, subministrando todos os nutrientes nunha proporción adecuada.
Analizaremos o prato de Harvard como base para unha correcta alimentación.
Realizar diferentes menús con cantidades adecuadas de nutrientes.
Mediante o olfacto e o tacto analizar, descubrir e coñecer distintos alimentos e as súas propiedades.
Descrición e actividades:
Empregando dinámicas de traballo conxunto realizamos menús saudables. Por medio de xogos aprendemos a diferenciar os distintos tipos de nutrientes nunha dieta equilibrada.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Ed. Infantil e Primaria
Obxectivos:
Comprender a diferenza entre alimentos e nutrientes.
Descubrir os diferentes tipos de alimentos e a importancia das froitas e as verduras.
Aprender a relación das cores coas vitaminas destes alimentos.
Descrición e actividades:
Empregando o conto como base realizamos actividades para aprender a importancia do consumo de froitas e verduras.
Por medio de xogos confeccionamos en grupos varias merendas saudables.
Xogando cos sentidos descubrimos diferentes froitas e verduras e agrupamos os alimentos segundo os seus nutrientes.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
Obxectivos:
Coñecer e identificar cales son os alimentos funcionais, algunhas das súas características e como debe ser a súa etiquetaxe.
Descubrir a relación entre o consumo destes alimentos e unha dieta equilibrada.
Coñecer diferentes enfermidades comúns relacionadas coa alimentación e reflexionar sobre elas.
Promover o consumo destes alimentos para introducilos nas dietas habituais.
Descrición e actividades:
Empregando unha presentación como base explicamos cales son os alimentos funcionais e os beneficios do seu consumo habitual.
Con dinámicas e xogos coñecemos distintos trastornos alimentarios frecuentes na actualidade.
Por medio de actividades realizamos e analizamos distintos tipos de menús con diferentes alimentos.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Ed. Primaria (terceiro ciclo), ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos necesarios para realizar unha compra responsable de produtos
Aprender a realizar unha compra considerando os valores nutricionais, ingredientes, data de caducidade e o prezo.
Descrición e actividades:
Traballamos por medio de actividades e xogos a elaboración de listaxes da compra e menús equilibrados, tendo en conta criterios ecolóxicos, económicos e nutricionais.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de ed. primaria (terceiro ciclo), ESO, bacharelato e ciclos formativos
Obxectivos:
Descrición e actividades:
A través de diferentes dinámicas de autoanálise faremos consciente o alumnado do grao de dispendio alimentario que se fai diariamente.
Por medio de xogos buscamos solucións prácticas que contribúan a reducir e mesmo a evitar malgastar.
Propoñemos solucións ao alcance da nosa man para axudar a minimizar este problema.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de Ed. Primaria (terceiro ciclo), ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
Obxectivos:
Descrición e actividades:
Coñecemos o que son produtos ecolóxicos e a normativa que os regula, así como o beneficio do consumo destes produtos comparándoos co resto de alimentos do mercado.
Realizamos experimentos sinxelos que nos axudan a coñecer o grao de procesado dos alimentos.
Mediante actividades e xogos realizamos menús saudables que teñan en conta a boa alimentación e o impacto económico e ecolóxico.
Outros contidos relacionados
Duración:
60 min
Idade recomendada:
Alumnado de ed. infantil (3-6) e primaria (primeiro ciclo)
Obxectivos:
Concienciar sobre a importancia dunha boa alimentación e dunha vida sa.
Informar o alumnado sobre a mala alimentación e do prexudicial que é para o noso desenvolvemento.
Fomentar o coidado do planeta na nosa vida diaria.
Cambiar con pequenas pautas, hábitos prexudiciais para nós e para o noso planeta.
Proporcionar información para xerar unha actitude de consumo crítico.
Descrición e actividades:
Mediante xogos e talleres coñecemos alimentos saudables.
Realizamos menús semanais de merendas para o colexio que inclúan unha alimentación equilibrada e que sexan respectuosos co medio ambiente.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible